Deputación de Lugo

A Deputación organiza mañá no Méndez Núñez unha xornada gastronómica da castaña en impulso deste froito

Imaxe deputación de lugo
A cita consistirá na degustación de pratos a base de castañas das colleitas de produtores lugueses que cociñará Héctor López, Premio Nacional de Gastronomía 2008. Ademais, repartirase un recetario feito pola insitución provincial que recolle todos estes manxaresO obxectivo da cita é impulsar a comercialización deste froito na provincia, incorporándoo ós menús dos establecemenos lugueses. Para elo, na cita participarán socios da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo, así como o seu Presidente, Cheché RealTamén asistirá o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia, Xesús Quintá.

A Deputación organiza mañá a xornada Potenciación da castaña, que arrincará ás 20:00 horas no Hotel Méndez Núñez. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do convenio que o organismo provincial mantén co Ministerio de Mediambiente, dotado de 1 millón de euros cofinanciados nun 66% por fondos estatais, que busca xerar riqueza na provincia mediante o impulso dos seus recursos naturais. A cita consistirá na desgustación de pratos elaborados a base de castañas de produtores lucenses, que cociñará o lugués Héctor López, chef Premio Nacional de Gastronomía 2008, así como propietario do establecemento recoñecido como o Mellor Restaurante de Galicia 2007. Todos estes manxares foron recollidos nun recetario realizado pola Deputación, que tamén se repartirá mañá.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participará na xornada, xunto ó Presidente da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia –Proagrosilga-, o lucense Xesús Quintá, tamén Presidente do Consello Regulador de Indicación Protexida da Castaña da Comunidade galega e xerente de Alibós, empresa con sede en Monterroso, valorada como unha das maiores produtoras mundiais de castaña pelada e conxelada, que exporta castañas a máis de 20 países de Europea e Asia.

Produtores da castaña en Lugo, provincia que concentra o 30% da produción total en Galicia, Comunidade que supera as 15.000 toneladas de castañas ó ano, darán conta nesta xornada da calidade deste froito a hostaleiros galegos co fin de incorporar nos menús dos seus establecementos pratos feito con castañas. Para elo, a Deputación tamén convidou a esta iniciativa a socios da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo e o seu Presidente, Cheché Real.