Todo listo para o concerto de rock solidario en favor da ONG 'Colores de Camerún'
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Xa está todo preparado para a noite de rock solidario que se celebrará este sábado na lucense Sala Castelao a partir das 22:30 horas, e que reunirá ós grupos de pop-rock galegos The Peixes e Siempre Fiel. O obxectivo desta velada é recadar fondos en favor da asociación humanitaria Colores de Camerún, xa que a recadación irá destinada a financiar diferentes proxectos que esta ONG ten postos en marcha no país africano, coma unha casa de acollida en Santá, na que nenos e nenas discapacitados reciben educación e coidados; a construción dun centro médico de ortopedia en Bambili ou unha serie de proxectos de abastecemento de ó longo da xeografía camerunesa. As cámaras da TIC gravarán todo o que suceda nesta noite solidaria.
The Peixes está formado por cinco rapaces coruñeses, que contan cun numeroso grupo de seguidores, que alaban a calidade das súas versións de temas de bandas míticas coma Red Hot Chili Peppers, Pearl Jam ou Stone Temple Pilots. O cartel complétase coa nova formación lucense Siempre Fiel.
Reserva de entradas
Os interesados en asistir a esta velada benéfica de rock aínda poden facerse con algunha das preto de 400 entradas dispoñibles, xa que o aforo da Sala Castelao así o limita, solicitándoas no enderezo electrónico da ONG, info@coloresdecamerun.org. As entradas custan só 5 euros, prezo que haberá que abonar o día do concerto, antes de acceder ó recinto.