Deputación de Lugo

Todo listo para o concerto de rock solidario en favor da ONG 'Colores de Camerún'

Imaxe deputación de lugo
O concerto de The Peixes e Siempre Fiel en apoio dos proxectos humanitarios da ONG “Colores de Camerún” celebrarase este sábado a partires das 22:30 horas na Sala Castelao e contará coas actuacións dos grupos de pop-rock The Peixes e Siempre FielAínda restan entradas dispoñibles que, a un prezo de 5 euros, poden reservarse en infmailto:info@coloresdecamerun.org. O abono das mesmas farase no mesmo local do concerto antes do comezo do mesmo

Xa está todo preparado para a noite de rock solidario que se celebrará este sábado na lucense Sala Castelao a partir das 22:30 horas, e que reunirá ós grupos de pop-rock galegos The Peixes e Siempre Fiel. O obxectivo desta velada é recadar fondos en favor da asociación humanitaria “Colores de Camerún”, xa que a recadación irá destinada a financiar diferentes proxectos que esta ONG ten postos en marcha no país africano, coma unha casa de acollida en Santá, na que nenos e nenas discapacitados reciben educación e coidados; a construción dun centro médico de ortopedia en Bambili ou unha serie de proxectos de abastecemento de ó longo da xeografía camerunesa. As cámaras da TIC gravarán todo o que suceda nesta noite solidaria.

The Peixes está formado por cinco rapaces coruñeses, que contan cun numeroso grupo de seguidores, que alaban a calidade das súas versións de temas de bandas míticas coma Red Hot Chili Peppers, Pearl Jam ou Stone Temple Pilots. O cartel complétase coa nova formación lucense Siempre Fiel.

Reserva de entradas

Os interesados en asistir a esta velada benéfica de rock aínda poden facerse con algunha das preto de 400 entradas dispoñibles, xa que o aforo da Sala Castelao así o limita, solicitándoas no enderezo electrónico da ONG, info@coloresdecamerun.org. As entradas custan só 5 euros, prezo que haberá que abonar o día do concerto, antes de acceder ó recinto.