A Deputación confirma a súa presenza na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento 'para traballar en beneficio dos cidadáns'
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Manuel Martínez confirmou a presenza unha vez máis do organismo provincial na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento para traballar en beneficio dos cidadáns e estudar medidas encamiñadas ás redución da siniestralidade vial, logo de lamentar a incomprensible negativa de cargos do Goberno central con competencias en tráfico a tomar parte na mesma.
Esta negativa foi comunicada ó Parlamento galego polo Delegado do Goberno, Samuel Juárez, impedindo así a presenza en dita Comisión da Coordinadora da DGT en Galicia; do Tenente Coronel de Tráfico da Garda Civil e do Xefe de Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia. Manuel Martínez destacou que esta Comisión persegue un ben común, que é a redución dos sinistros nas estradas da Comunidade, e o feito de que o señor Juárez non sexa capaz de entendelo así, amosa falla de miras e de categoría política.
Martínez destacou a importancia de que as diferentes administracións tomen parte neste tipo de Comisións para intercambiar experiencias na xestión de estradas, non só co fin de mellorar a seguridade dos usuarios, senón para abordar outros asuntos de interese como a coordinación de actuacións ante emerxencias ou a axilización do proceso de tranferencias. Esta actitude é a que mantemos sempre dende o Goberno provincial. A Deputación de Lugo, co anterior goberno, negábase a presentar os seus orzamentos no Parlamento galego para facilitar a coordinación interadministrativa. Dende hai seis anos, a Deputación recuperou a normalidade democrática e colabora co Parlamento como todas as demais
Martínez denunciou que ademais de amosar unha total falta de interese polo benestar dos cidadáns, a negativa da Delegación do Goberno amosa o ninguneo ó que o Goberno central somete ós galegos, evidenciando o pouco ou nada que o actual Presidente da Xunta supón. Se se ignoran entre eles mesmos, que tipo de consideración podemos agardar que teñan cara ós demais?.