Deputación de Lugo

A Deputación confirma a súa presenza na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento 'para traballar en beneficio dos cidadáns'

Imaxe deputación de lugo
Martínez lamentou a “incomprensible negativa” dos cargos do Goberno Central a participar nesta reunión encargada de estudar medidas encamiñadas ás redución da siniestralidade vial“Esta Comisión persegue un ben común, e o feito de que o señor Juárez non sexa capaz de entendelo así, amosa falla de miras e de categoría política”O voceiro provincial destacou que esta negativa “amosa o ninguneo ó que o Goberno central somete ós galegos, evidenciando o pouco ou nada que o actual Presidente da Xunta supón”

Manuel Martínez confirmou a presenza unha vez máis do organismo provincial na Comisión de Seguridade Vial do Parlamento “para traballar en beneficio dos cidadáns” e estudar medidas encamiñadas ás redución da siniestralidade vial, logo de lamentar a “incomprensible negativa” de cargos do Goberno central con competencias en tráfico a tomar parte na mesma.

Esta negativa foi comunicada ó Parlamento galego polo Delegado do Goberno, Samuel Juárez, impedindo así a presenza en dita Comisión da Coordinadora da DGT en Galicia; do Tenente Coronel de Tráfico da Garda Civil e do Xefe de Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia. Manuel Martínez destacou que “esta Comisión persegue un ben común, que é a redución dos sinistros nas estradas da Comunidade, e o feito de que o señor Juárez non sexa capaz de entendelo así, amosa falla de miras e de categoría política”.

Martínez destacou a importancia de que as diferentes administracións tomen parte neste tipo de Comisións para “intercambiar experiencias na xestión de estradas, non só co fin de mellorar a seguridade dos usuarios, senón para abordar outros asuntos de interese como a coordinación de actuacións ante emerxencias ou a axilización do proceso de tranferencias”. Esta actitude “é a que mantemos sempre dende o Goberno provincial. A Deputación de Lugo, co anterior goberno, negábase a presentar os seus orzamentos no Parlamento galego para facilitar a coordinación interadministrativa. Dende hai seis anos, a Deputación recuperou a normalidade democrática e colabora co Parlamento como todas as demais”

Martínez denunciou que “ademais de amosar unha total falta de interese polo benestar dos cidadáns”, a negativa da Delegación do Goberno “amosa o ninguneo ó que o Goberno central somete ós galegos, evidenciando o pouco ou nada que o actual Presidente da Xunta supón”. Se se ignoran entre eles mesmos, que tipo de consideración podemos agardar que teñan cara ós demais?”.