Gómez Besteiro: A Xunta debe cumprir a súa promesa de dotar de servizos ao HULA e non poñerlle prezo á saúde
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este xoves que a Xunta de Galicia debe cumprir a súa promesa de dotar dos servizos pendentes ao HULA e non poñerlle prezo á saúde, unhas declaracións que realizou con motivo do debate esta tarde no Parlamento da ponencia sobre a Iniciativas Lexislativa Popular (ILP) que avalaron máis de 41.000 cidadáns. Despois de tres anos de promesas incumpridas, calquera modificación supón retrasar aínda máis a dotación de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas no hospital lucense. Hai que dicir basta xa. A ILP non está para ser emendada, senón cumprida, asegurou Besteiro. Se un fai unha promesa, despois de tres anos non pode dicir que a vai emendar, ten que cumprila, recalcou, niso tamén está en xogo a credibilidade da política, no que prometemos e cumprimos.
Hai cousas que non teñen prezo, como a saúde. Os enfermos de cancro de Lugo teñen que facer moitísimos máis quilómetros por non ter Radioterapia na provincia. Non se pode tratar a Lugo de forma distinta que o resto das provincias, asegurou o Presidente.