Deputación de Lugo

Gómez Besteiro: “A Xunta debe cumprir a súa promesa de dotar de servizos ao HULA e non poñerlle prezo á saúde”

Imaxe deputación de lugo

O Presidente defendeu que a Iniciativa Lexislativa Popular que se debate esta tarde no Parlamento “non está para ser emendada, senón cumprida. Hai que dicir basta xa”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou este xoves que a Xunta de Galicia “debe cumprir a súa promesa” de dotar dos servizos pendentes ao HULA e “non poñerlle prezo á saúde”, unhas declaracións que realizou con motivo do debate esta tarde no Parlamento da ponencia sobre a Iniciativas Lexislativa Popular (ILP) que avalaron máis de 41.000 cidadáns. “Despois de tres anos de promesas incumpridas, calquera modificación supón retrasar aínda máis” a dotación de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas no hospital lucense. “Hai que dicir basta xa. A ILP non está para ser emendada, senón cumprida”, asegurou Besteiro. “Se un fai unha promesa, despois de tres anos non pode dicir que a vai emendar, ten que cumprila”, recalcou, “niso tamén está en xogo a credibilidade da política, no que prometemos e cumprimos”.

“Hai cousas que non teñen prezo, como a saúde. Os enfermos de cancro de Lugo teñen que facer moitísimos máis quilómetros por non ter Radioterapia na provincia. Non se pode tratar a Lugo de forma distinta que o resto das provincias”, asegurou o Presidente.