Deputación de Lugo

O Goberno lamenta que “Candia antepoña os seus intereses aos dos lucenses, rexeitando investir 900.000 euros máis nos Concellos co POS” 

Imaxe deputación de lugo
- “Candia preferiu sacar adiante no Pleno co apoio de 13 Deputados a súa moción para achegar 2.780.538 euros ás obras municipais do POS antes que investir 3.685.148 euros porque era a proposta do grupo provincial socialista”, remarcou Santos - “O non polo non é a máxima de Candia, aínda que isto supoña prexudicar aos veciños dos 67 municipios da provincia, pois o seu único fin é bloquear as propostas do equipo de goberno para sacar rédito persoal e político na súa carreira”, subliñou - “Candia debería explicar aos Alcaldes e cidadáns en xeral a súa forma de actuar nesta institución, pois non defende os intereses dos lucenses, só os seus”

O Goberno Provincial lamenta que “Candia antepoña os seus intereses aos dos lucenses tras rexeitar a proposta do grupo provincial socialista de cuadriplicar a achega da Deputación ás obras municipais do Plan de Obras e Servizos para 2016”. Así o destacou este mércores Álvaro Santos Ramos. O voceiro salientou que “o non polo non é a máxima de Candia. Co único fin de bloquear as propostas do equipo de goberno, Candia foi capaz de rexeitar 900.000 euros máis para os Concellos a través do POS”.

O voceiro provincial socialista explicou que o PP preferiu sacar adiante no Pleno co apoio de 13 Deputados a súa moción para achegar dende o organismo provincial 2.780.538 euros ás obras municipais de dita programación, que investir 3.685.148 euros, que foi a orzamento que lle ofreceu o grupo provincial socialista. A diferenza entre estas cantidades supón unha perda para os Concellos de 900.000 euros.

“Trátase do non polo non de Candia, pois nas xuntas de voceiros sobre o orzamentos para 2016, o Presidente xa lle trasladou que o Goberno Provincial estaba disposto a cuadriplicar o financiamento da Deputación para as obras municipais do POS. Finalmente, porque así o quixo Candia, o Pleno acordou triplicalo”, subliñou Santos.   

“Coma sempre, Candia antepuxo os seus intereses persoais e políticos, axudándose do apoio de 13 Deputados, antes de que saíse adiante a proposta do equipo de goberno, que é moito máis beneficiosa para os 67 Concellos da provincia. Así defende Candia aos veciños dos municipios da provincia. Terá que dar explicacións aos Alcaldes e cidadáns en xeral, pois o único que lle preocupa é a súa carreira política. Non defende os intereses dos lucense, só os seus”, remarcou.

“Non nos serve a débil escusa sobre o orzamento para obras provinciais do POS, pois Candia sabe perfectamente que, a maiores do presupostado nesta progarmación, sempre quedan excedentes de tesoureiría (de feito o ano pasado estes superaron os 200.000 euros) que poden achegar a novas e máis actuacións na rede viaria provincial. Isto garante que non se reduza nin un só euro a achega da Deputación para obras provinciais do Plan de Obras e Servizos”, remarcou.