A Capela de Santa María acolle A Foliada, do artista lucense Xoán Vila

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este xoves a exposición do artista lucense Xoan Vila, que leva por titulo A Foliada, e que está composta por oito conxuntos escultóricos de madeira, que teñen como fío condutor a celebración da amizade, segundo confesa o propio autor. A colección estará exposta ata o 17 de setembro na Capela de Santa María.
García Porto destacou dende o Goberno da Deputación cremos importante promover este tipo de iniciativas para impulsar o traballo dos artistas lucenses e galegos. Xoán Vila é un antigo alumno do CENTRAD, que hoxe volve a súas orixes lucenses para expoñer parte da súa obra.
A Deputada explicou a obra de Vila reflicte a súa busqueda incesante da harmonía a través da unión coa natureza, e como el mesmo confesa, dialogando coas arbores, coa madeira, e tendo como referencia a cultura popular galega. O resultado é unha exposición chea de simbolismo, como pode comprobarse nesta colección. O autor escenifica, elevando o seu máximo expoñente unha troula, unha foliada popular na capela de Santa María.
Banda sonora do ano 1974
A inauguración desta exposición contará cunha banda sonora especial, xa que na mesma, poderanse escoitar as gravacións realizadas por Marcos Fernández Puente sobre as festas e foliadas de Galicia do ano 1974. Esta colección pertence ao catálogo de gravacións históricas que posúe o organismo provincial.