O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN PARTICIPOU NA PRESENTACTIÓN DO XVIII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO
O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou hoxe na presentación da XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo. Veiga destacou a importancia dun festival que tras 18 anos de traballo segue a traer a Lugo ás máis significativas figuras de Jazz a nivel mundial e que, dentro da súa calidade, conforman un espectacular abano das distintas tendencias deste xénero musical. Veiga sinalou tamén que en encontros como este é onde mellor se percibe que a linguaxe da música non ten fronteiras e músicos de todo o mundo dannos un exemplo de conexión cultural por riba das súas orixes. O responsable da Área de Cultura da Deputación afirmou que o apoio a eventos como este é unha obriga para as institucións que deben de aportar os recursos necesarios para Lugo siga contando, durante moitos anos, con eventos como este que achega á cidade o mellor do panorama internacional do Jazz. PROGRAMA DO FESTIAL: Auditorio Caixa Galicia (Entrada Libre) Doris Cales & Dan Rochlis Lunes, 10 de noviembre 20.00 h. Eduardo Niebla Trío Martes, 11 de novembro 20.00 h. Pablo Arrieta Trío Miércoles, 12 de novembro 20:00 h. Círculo das Artes (Entrada Libre) 50 anos de Bossa Nova Lunes, 10 de noviembre 21:30 h. MIKE STERN BAND Special Guest RANDY BRECKER Featuring DAVE WECKL & CHRIS MINH DOKY - Martes, 11 de noviembre 21:30 h. THE AVISHAI COHEN TRIO - Miércoles, 12 de noviembre 21:30 h. JEAN MICHEL PILC TRIO - Jueves, 13 de noviembre 20:30 h. CHRISTIAN SCOTT QUINTET - Viernes, 14 de noviembre 20:30 h. DANILO PÉREZ TRÍO con LEE KONITZ - Sábado, 15 de noviembre 20:30 h. Club Clavicémbalo CoolBeat 10 de noviembre 23:30 h. Sumrrá 11 de noviembre 23:30 h. Jordi Matas Quintet Atom 12 de noviembre 23.30 h. Citric 13 de noviembre 23:00 H. Gravity Zero 13 de noviembre 24:00 H. Iván Rojas Quartet 14 de noviembre 24:00 h Iván Rojas Quartet 15 de noviembre 24:00 h