Deputación de Lugo

O RESPONSABLE DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN PARTICIPOU NA PRESENTACTIÓN DO XVIII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO

Este festival de Jazz reunirá en Lugo ás mellores figuras deste xénero musical entre o 10 e o 15 de novembro deste mes

O responsable da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou hoxe na presentación da XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo. Veiga destacou a importancia dun festival que “tras 18 anos de traballo segue a traer a Lugo ás máis significativas figuras de Jazz a nivel mundial e que, dentro da súa calidade, conforman un espectacular abano das distintas tendencias deste xénero musical”. Veiga sinalou tamén que “en encontros como este é onde mellor se percibe que a linguaxe da música non ten fronteiras e músicos de todo o mundo dannos un exemplo de conexión cultural por riba das súas orixes”. O responsable da Área de Cultura da Deputación afirmou que o apoio a eventos como este é unha obriga para as institucións que deben de aportar os recursos necesarios para Lugo siga contando, durante moitos anos, con eventos como este que achega á cidade o mellor do panorama internacional do Jazz. PROGRAMA DO FESTIAL: Auditorio Caixa Galicia (Entrada Libre) Doris Cales & Dan Rochlis Lunes, 10 de noviembre 20.00 h. Eduardo Niebla Trío Martes, 11 de novembro 20.00 h. Pablo Arrieta Trío Miércoles, 12 de novembro 20:00 h. Círculo das Artes (Entrada Libre) 50 anos de Bossa Nova Lunes, 10 de noviembre 21:30 h. MIKE STERN BAND Special Guest RANDY BRECKER Featuring DAVE WECKL & CHRIS MINH DOKY - Martes, 11 de noviembre 21:30 h. THE AVISHAI COHEN TRIO - Miércoles, 12 de noviembre 21:30 h. JEAN MICHEL PILC TRIO - Jueves, 13 de noviembre 20:30 h. CHRISTIAN SCOTT QUINTET - Viernes, 14 de noviembre 20:30 h. DANILO PÉREZ TRÍO con LEE KONITZ - Sábado, 15 de noviembre 20:30 h. Club Clavicémbalo CoolBeat 10 de noviembre 23:30 h. Sumrrá 11 de noviembre 23:30 h. Jordi Matas Quintet “Atom” 12 de noviembre 23.30 h. Citric 13 de noviembre 23:00 H. Gravity Zero 13 de noviembre 24:00 H. Iván Rojas Quartet 14 de noviembre 24:00 h Iván Rojas Quartet 15 de noviembre 24:00 h