A Deputación debate sobre a Lei de Pagos e os Fondos Europeos no II Encontro Provincial de Cooperación
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O Deputado da Área de Cooperación e Asistencias aos Concellos, Antonio Gato, inagurará este luns, no Pazo de San Marcos, o II Encontro Provincial de Cooperación: Xornada sobre o proxecto de Lei de Pagos e fondos europeos. No acto, organizado de forma conxunta entre a Deputación e Caixa Galicia, abordarase sobre a medida lexislativa que próximamente entrará en vigor, e que afecta a todas as entidades públicas. Ademáis, tamén se tratarán outras cuestións relacionadas cos Fondos Europeos (FEDER, Fondos Social, etc) para o periódo 2007-2013, co financiamento e servizos para a xestión da tesourería global dos proxectos, ou co anticipo de fondos. Na xornada, que comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos da Deputación, interverán especialistas de Caixa Galicia para analizar o proxecto da Lei de Pagos. Da mesma forma, responsables desta entidade financieira, e técnicos do servizo de Xestión e Recadación da Deputación, explicarán as bases para pedir Fondos Europeos. A Deputación recibiu 20,7 millóns de euros da Unión Europea en 2008 que o organismo provincial investíu en proxectos tecnolóxicos e medioambientales, tales como Lugo2 e Innova-TE, cos que o organismo provincial fomenta a creación de emprego e a mellora dos servizos aos cidadáns. O organismo provincial convidou aos alcaldes de Lugo, e ao persoal dos Concellos ao II Encontro Provincial de Cooperación: Xornada sobre o proxecto de Lei de Pagos e fondos europeos, unha cita que ten ás portas abertas a todos os interesados na materia.