Deputación de Lugo

A Deputación debate sobre a Lei de Pagos e os Fondos Europeos no II Encontro Provincial de Cooperación

Imaxe deputación de lugo
Antonio Gato inaugurará este luns, no Pazo de San Marcos, esta xornada na que participarán especialistas de Caixa Galicia e técnicos do organismo provincial

O Deputado da Área de Cooperación e Asistencias aos Concellos, Antonio Gato, inagurará este luns, no Pazo de San Marcos, o “II Encontro Provincial de Cooperación: Xornada sobre o proxecto de Lei de Pagos e fondos europeos”. No acto, organizado de forma conxunta entre a Deputación e Caixa Galicia, abordarase sobre a medida lexislativa que próximamente entrará en vigor, e que afecta a todas as entidades públicas. Ademáis, tamén se tratarán outras cuestións relacionadas cos Fondos Europeos (FEDER, Fondos Social, etc) para o periódo 2007-2013, co financiamento e servizos para a xestión da tesourería global dos proxectos, ou co anticipo de fondos. Na xornada, que comezará ás 10:00 horas no Salón de Actos da Deputación, interverán especialistas de Caixa Galicia para analizar o proxecto da Lei de Pagos. Da mesma forma, responsables desta entidade financieira, e técnicos do servizo de Xestión e Recadación da Deputación, explicarán as bases para pedir Fondos Europeos. A Deputación recibiu 20,7 millóns de euros da Unión Europea en 2008 que o organismo provincial investíu en proxectos tecnolóxicos e medioambientales, tales como Lugo2 e Innova-TE, cos que o organismo provincial fomenta a creación de emprego e a mellora dos servizos aos cidadáns. O organismo provincial convidou aos alcaldes de Lugo, e ao persoal dos Concellos ao “II Encontro Provincial de Cooperación: Xornada sobre o proxecto de Lei de Pagos e fondos europeos”, unha cita que ten ás portas abertas a todos os interesados na materia.