Deputación de Lugo

Gómez Besteiro presenta o centro de recría a Africor, o colectivo co maior número de produtores de leite en España

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación e o Deputado de Gandeiría mantiveron unha xuntanza coa directiva desta asociación de gandeiros en Lugo

Africor adianta o seu interese en colaborar co organismo provincial no proxecto do primeiro centro de recría público do país A Deputación comeza a ronda de contactos co sector leiteiro para abordar a xestión do primero centro de recría público do país O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Gandeiría, José María Arias, visitaron este mércores as instalacións de Africor-Lugo, o colectivo que, con 2.150 socios, acolle o maior número de produtores de leite en España. A visita prodúcese logo da petición de Africor dunha entrevista co titular do organismo provincial. Deste xeito, Gómez Besteiro e Arias mantiveron unha xuntaza coa directiva deste colectivo na que explicaron polo miúdo o proxecto do centro de recría que a Deputación construirá na Granxa Gayoso Castro. O titular do organismo provincial explicou que “comezamos agora a ronda de contactos co sector leiteiro para abordar a xestión do centro de recría xa que non ten sentido facer unha xestión a espaldas dos máis afectados. Queremos escoitar as aportacións de todos porque este é un proxecto compartido. Africor leva traballando dende o ano 92 polo que ten moito que aportar”. A Deputación ten previsto comezar as obras do centro de recría no primeiro semestre deste ano, unha vez que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conceda os permisos necesarios. Por tanto, os prazos de execución quedan supeditados a axilidade coa que responda este departamento que dende hai meses conta co proxecto na súas mans. “Ata agora estábamos involucrados ó 100% na construcción, e agora falamos da xestión na que Deputación, malia que vai estar presente, necesita colaboración”, salientou. Pola súa banda, o Presidente de Africor, Manuel López Tellado, explicou que durante a xuntanza expuseron o traballo que están a realizar para mellorar a xestión das explotacións. Este colectivo ofrece ós gandeiros datos mensuais sobre a produción e reprodución para lograr así un maior control da alimentación. Deste xeito, faise cargo de máis do 80% da produción de leite da provincia. 12 millóns de euros Durante o encontro, no que participaron o Presidente de Africor, Manuel López Tellado, o Vicepresidente, Álvaro José Castro, e o Director Xerente, Ramiro Fouz, Gómez Besteiro explicou que o proxecto do centro de recría conta cun investimento de 12 millóns de euros, “a maior inversión da historia feita no campo”. Trátase do primeiro centro de recría público de España que acollerá unhas 3.000 novillas triplicando a capacidade dos 14 centros que na actualidade existen en Galicia. É o proxecto agrogandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas, que nace coa vocación de ser un referente no noroeste peninsular, e que se enmarca dentro da aposta polo campo do organismo provincial. Os obxectivos do centro de recría son: reducir custes nas explotacións, aumentar o número de prazas rendibles con animais co máximo nivel produtivo e xenético, aforrar gastos das becerras e do tratamento de residuos, e crear postos no rural, asegurando a continuidade das explotacións. A construción do centro de recría aforrará ademais cartos ós produtores de leite ó non ter que recriar fóra as cabezas de gando. Segundo nun estudo de Tragsa, a empresa encargada da redacción do proxecto, os gandeiros da Comunidade recrían no centro de Zaragaza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros.