Gómez Besteiro presenta o centro de recría a Africor, o colectivo co maior número de produtores de leite en España
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
Africor adianta o seu interese en colaborar co organismo provincial no proxecto do primeiro centro de recría público do país A Deputación comeza a ronda de contactos co sector leiteiro para abordar a xestión do primero centro de recría público do país O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Gandeiría, José María Arias, visitaron este mércores as instalacións de Africor-Lugo, o colectivo que, con 2.150 socios, acolle o maior número de produtores de leite en España. A visita prodúcese logo da petición de Africor dunha entrevista co titular do organismo provincial. Deste xeito, Gómez Besteiro e Arias mantiveron unha xuntaza coa directiva deste colectivo na que explicaron polo miúdo o proxecto do centro de recría que a Deputación construirá na Granxa Gayoso Castro. O titular do organismo provincial explicou que comezamos agora a ronda de contactos co sector leiteiro para abordar a xestión do centro de recría xa que non ten sentido facer unha xestión a espaldas dos máis afectados. Queremos escoitar as aportacións de todos porque este é un proxecto compartido. Africor leva traballando dende o ano 92 polo que ten moito que aportar. A Deputación ten previsto comezar as obras do centro de recría no primeiro semestre deste ano, unha vez que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas conceda os permisos necesarios. Por tanto, os prazos de execución quedan supeditados a axilidade coa que responda este departamento que dende hai meses conta co proxecto na súas mans. Ata agora estábamos involucrados ó 100% na construcción, e agora falamos da xestión na que Deputación, malia que vai estar presente, necesita colaboración, salientou. Pola súa banda, o Presidente de Africor, Manuel López Tellado, explicou que durante a xuntanza expuseron o traballo que están a realizar para mellorar a xestión das explotacións. Este colectivo ofrece ós gandeiros datos mensuais sobre a produción e reprodución para lograr así un maior control da alimentación. Deste xeito, faise cargo de máis do 80% da produción de leite da provincia. 12 millóns de euros Durante o encontro, no que participaron o Presidente de Africor, Manuel López Tellado, o Vicepresidente, Álvaro José Castro, e o Director Xerente, Ramiro Fouz, Gómez Besteiro explicou que o proxecto do centro de recría conta cun investimento de 12 millóns de euros, a maior inversión da historia feita no campo. Trátase do primeiro centro de recría público de España que acollerá unhas 3.000 novillas triplicando a capacidade dos 14 centros que na actualidade existen en Galicia. É o proxecto agrogandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas, que nace coa vocación de ser un referente no noroeste peninsular, e que se enmarca dentro da aposta polo campo do organismo provincial. Os obxectivos do centro de recría son: reducir custes nas explotacións, aumentar o número de prazas rendibles con animais co máximo nivel produtivo e xenético, aforrar gastos das becerras e do tratamento de residuos, e crear postos no rural, asegurando a continuidade das explotacións. A construción do centro de recría aforrará ademais cartos ós produtores de leite ó non ter que recriar fóra as cabezas de gando. Segundo nun estudo de Tragsa, a empresa encargada da redacción do proxecto, os gandeiros da Comunidade recrían no centro de Zaragaza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros.