Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN SUMOUSE AOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 20 ANIVERSARIO DE ACHÁDEGO - TEATRO

Bao participou no acto que se celebrou na Galería Sargadelos e felicitou a Achádego polo seu traballo destes 20 anos

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participou hoxe na presentación dos actos de conmemoración do 20º aniversario da creación de Achádego – Teatro. Neste acto, conducido pola directora do grupo teatral Tareixa Campo, participou tamén o Delegado en Lugo da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina. Antón Bao sinalou que a actividade teatral en Lugo e nas súas comarcas estivo sempre ligado a Achádego e “Achádego foi o facho que mantivo acesa a chama do teatro coidando que o a súa actividade sempre fose feita dende Lugo, para Lugo e poñendo en valor o teatro e a cultura galega”. Dentro das actividades programadas para a celebración do 20º aniversario de Achádego – Teatro está prevista a inauguración, o día 4 ás 20:00 horas, de unha exposición sobre a historia do grupo na biblioteca pública nodal de Lugo. Durante os días 9, 10 e 11 de decembro haberá diversas actividades que comezarán o día 9 ás 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire cunha actuación do grupo Achádego Retallos do 20 anos, o 10 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio Gustavo Freire, actuación dos Grupos de teatro de Lugo cunha montaxe solidaria sobre o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos e rematarán o 11 de decembro ás 20:00 horas no salón de actos da fundación Caixa Galicia cunha mesa redonda, moderada por Camilo Gñómez Torres, titulada Teatro para que?, na que participarán Laura Tato, Chilha Lourenço e Pilar García Negro.