O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN SUMOUSE AOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 20 ANIVERSARIO DE ACHÁDEGO - TEATRO
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3895_1.jpg)
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, participou hoxe na presentación dos actos de conmemoración do 20º aniversario da creación de Achádego Teatro. Neste acto, conducido pola directora do grupo teatral Tareixa Campo, participou tamén o Delegado en Lugo da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina. Antón Bao sinalou que a actividade teatral en Lugo e nas súas comarcas estivo sempre ligado a Achádego e Achádego foi o facho que mantivo acesa a chama do teatro coidando que o a súa actividade sempre fose feita dende Lugo, para Lugo e poñendo en valor o teatro e a cultura galega. Dentro das actividades programadas para a celebración do 20º aniversario de Achádego Teatro está prevista a inauguración, o día 4 ás 20:00 horas, de unha exposición sobre a historia do grupo na biblioteca pública nodal de Lugo. Durante os días 9, 10 e 11 de decembro haberá diversas actividades que comezarán o día 9 ás 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire cunha actuación do grupo Achádego Retallos do 20 anos, o 10 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio Gustavo Freire, actuación dos Grupos de teatro de Lugo cunha montaxe solidaria sobre o 60 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos e rematarán o 11 de decembro ás 20:00 horas no salón de actos da fundación Caixa Galicia cunha mesa redonda, moderada por Camilo Gñómez Torres, titulada Teatro para que?, na que participarán Laura Tato, Chilha Lourenço e Pilar García Negro.