Deputación de Lugo

Alumnos da Escola de Imaxe e Son remataron hoxe a gravación dunha curtametra no hospital San Rafael

Doce estudantes rodaron “Proxecto Campana”, unha cita que, en forma de falso documental, conta o día a día dun psiquiatra que podería padecer un estraño síndromeO traballo, realizado na súa totalidade polos alumnos, enmárcase na programación do único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual

Alumnos do segundo curso dos ciclos de Producción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación que puxo en marcha o único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, remataron este mércores a gravación da curtametraxe “Proxecto Campana” que se desenvolveu, principalmente, no hospital San Rafael, así como, en menor medida, na cidade de Lugo.

A cinta conta a historia, en forma de falso documental, do Doutor Campana, un psiquiatra que trata a doentes con estrañas enfermidades como os síndromes do acento estranxeiro ou o do insulto continuado. A incógnita que se mantén durante todo a curta é se o propio Doutor padece algunha destas doenzas.

Entre o reparto de actores, figura Alberto da Sinda, profesional coñecido polos seus papeis en series como “Matalobos” ou “Libro de Familia”. Tamén colabora cos estudantes da TIC o profesor de teatro Xosé Manuel Felpeto quen interpre ó Doutor Campana. En total, foron 3 intensos días de gravación que arricaban o pasado luns, no que traballaron 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son e para o que contaron con todo o material técnico necesario para realizar na súa totalidade esta curta baixo a supervisión dos docentes do centro educativo.

A realización de “Proxecto Campana” forma parte da programación práctica da EIS. É un dos proxectos fin de curso, é dicir, a última das probas que os estudantes deben de superar para obter a titulación en Imaxe e Son. Xunto a esta, o alumnado tamén levou a cabo a pasada semana en distintas localizacións da cidade a curtametraxe “Post Mortem”. En ambos os dous proxectos, os alumnos asumen a elaboración do guión, a produción, a gravación e ata a montaxe final co fin de desenvolver un traballo a nivel profesional co que se acheguen ó mundo laboral.