Alumnos da Escola de Imaxe e Son remataron hoxe a gravación dunha curtametra no hospital San Rafael
Alumnos do segundo curso dos ciclos de Producción e Realización da Escola de Imaxe e Son da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación que puxo en marcha o único centro na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, remataron este mércores a gravación da curtametraxe Proxecto Campana que se desenvolveu, principalmente, no hospital San Rafael, así como, en menor medida, na cidade de Lugo.
A cinta conta a historia, en forma de falso documental, do Doutor Campana, un psiquiatra que trata a doentes con estrañas enfermidades como os síndromes do acento estranxeiro ou o do insulto continuado. A incógnita que se mantén durante todo a curta é se o propio Doutor padece algunha destas doenzas.
Entre o reparto de actores, figura Alberto da Sinda, profesional coñecido polos seus papeis en series como Matalobos ou Libro de Familia. Tamén colabora cos estudantes da TIC o profesor de teatro Xosé Manuel Felpeto quen interpre ó Doutor Campana. En total, foron 3 intensos días de gravación que arricaban o pasado luns, no que traballaron 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son e para o que contaron con todo o material técnico necesario para realizar na súa totalidade esta curta baixo a supervisión dos docentes do centro educativo.
A realización de Proxecto Campana forma parte da programación práctica da EIS. É un dos proxectos fin de curso, é dicir, a última das probas que os estudantes deben de superar para obter a titulación en Imaxe e Son. Xunto a esta, o alumnado tamén levou a cabo a pasada semana en distintas localizacións da cidade a curtametraxe Post Mortem. En ambos os dous proxectos, os alumnos asumen a elaboración do guión, a produción, a gravación e ata a montaxe final co fin de desenvolver un traballo a nivel profesional co que se acheguen ó mundo laboral.