Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO COLABORA COA 29ª EDICIÓN DAS XORNADAS PENITENCIARIAS LUCENSES

A Deputación deLugo colabora cunha achega de 5.000 euros á organización das Xornadas que nestaocasión abordarán a reforma do Código PenalMari Teijeiroparticipou hoxe na presentación das xornadas e manifestou a disposición daDeputación de seguir colaborando cunhas xornadas que destacan polo seu“percorrido histórico e o recoñecemento e interese social”

Lugo, 21 de setembro de 2015.- A Deputación colabora un ano máis coa Asociación Concepción Arenal naorganización das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano celebran a súa29ª edición. A entidade provincial fai unha achega mediante subvenciónnominativa de 5.000 euros, destinada a colaborar nos custes de organizacióndeste evento.

A deputada de Benestar, MariTeijeiro, participou hoxe no acto de presentación de ditas xornadas, celebradono Salón de Plenos do Concello de Lugo. Durante o acto, Teijeiro destacou queestas xornadas, que esta ano se centrarán na reforma do Código Penal, “sonreferencia para a nosa cidade, cita obrigada para profesionais e para acidadanía en xeral, dado que tratan temas de interese xurídico e deactualidade, que nos poñen ao día dado a reforma desta normativa básica”.

Do mesmo xeito, manifestou adisposición da Deputación de seguir colaborando coas Xornadas, das que destacouo seu percorrido histórico e o recoñecemento e interese social que teñenacadado, grazas ao traballo da Asociación Concepción Arenal, colectivo nado en1989, implicado na loita pola reinserción social de persoas que teñen cumpridopenas de cadea.

Neste senso, Mari Teijeiroagradeceu “o interese, o compromiso e a persistencia” da Asociación, ao tempoque animou aos seus integranteS a seguir traballando “para manternos informadose estar ao día nestas cuestións que non deixan de ser fundamentais para definirmodelos de relacións entre a cidadanía e comportamentos sociais”.