A DEPUTACIÓN DE LUGO COLABORA COA 29ª EDICIÓN DAS XORNADAS PENITENCIARIAS LUCENSES
Lugo, 21 de setembro de 2015.- A Deputación colabora un ano máis coa Asociación Concepción Arenal naorganización das Xornadas Penitenciarias Lucenses, que este ano celebran a súa29ª edición. A entidade provincial fai unha achega mediante subvenciónnominativa de 5.000 euros, destinada a colaborar nos custes de organizacióndeste evento.
A deputada de Benestar, MariTeijeiro, participou hoxe no acto de presentación de ditas xornadas, celebradono Salón de Plenos do Concello de Lugo. Durante o acto, Teijeiro destacou queestas xornadas, que esta ano se centrarán na reforma do Código Penal, sonreferencia para a nosa cidade, cita obrigada para profesionais e para acidadanía en xeral, dado que tratan temas de interese xurídico e deactualidade, que nos poñen ao día dado a reforma desta normativa básica.
Do mesmo xeito, manifestou adisposición da Deputación de seguir colaborando coas Xornadas, das que destacouo seu percorrido histórico e o recoñecemento e interese social que teñenacadado, grazas ao traballo da Asociación Concepción Arenal, colectivo nado en1989, implicado na loita pola reinserción social de persoas que teñen cumpridopenas de cadea.
Neste senso, Mari Teijeiroagradeceu o interese, o compromiso e a persistencia da Asociación, ao tempoque animou aos seus integranteS a seguir traballando para manternos informadose estar ao día nestas cuestións que non deixan de ser fundamentais para definirmodelos de relacións entre a cidadanía e comportamentos sociais.