Deputación de Lugo

CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS

Segundo o acordo rotatorio dos estatutos, correspóndelle a titularidade daPresidencia á Deputación de Lugo por un período de dous anos, mentres que avicepresidencia continúa na persoa do Director Xeral de Emerxencias e InteriorNo pleno extraordinario tomaron posesión tanto os representantes da Deputación no Consorcio, como dos Concellos de Monforte e SarriaContinuouse co proceso de licitación de diverso material para o Consorcio, como é un vehículo para o Parque de Monforte de Lemos

Lugo, 22 de setembro de 2015.- Atitular da Deputación de Lugo, Elena Candia, asumiu esta mañá a presidencia doConsorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios eSalvamento. A elección da titular da Presidencia do Consorcio levouse a cabo,en base aos estatutos, durante o pleno extraordinario celebrado esta mañá concarácter de urxencia. No transcurso da sesión tamén tomaron posesión osrepresentantes da Deputación e dos Concellos para completar os órganosestatutarios correspondentes.

O acordo rotatorio recollido nosestatutos polos que se rexe o Consorcio provincial contra Incendios estableceque lle corresponde á Deputación de Lugo ocupar a titularidade da presidenciado Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.Estes estatutos establecen que a Presidencia se renovará cada vez que cambienos cargos dalgunha das administracións consorciadas.Esta titularidade prolongase por un período de dous anos e nesta ocasióncorrespóndelle á Deputación de Lugo. Pola súa banda, a vicepresidenciacontinuará a ser asumida polo director Xeral de Emerxencias e Interior deVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas eXustiza, Luís Menor Pérez.

No pleno extraordinario celebradohoxe tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos concellos deMonforte e Sarria. Neste caso, pola Deputación están a presidenta Elena Candia,e os deputados, José Demetrio Salgueiro e Eduardo Vidal Baamonde; mentres quepolos concellos de Monforte e Sarria, os respectivos alcaldes, José Tomé ePilar López.

Continúase co normal funcionamento do Consorcio

Durante a celebración do primeiropleno do Consorcio con Candia como presidenta, deuse continuidade ao normalfuncionamento do ente e resolvéronse asuntos que figuraban na axenda doConsorcio. Entre eles, continuouse co proceso de licitación para a adquisicióndun vehículo (bomba nodriza pesada)para o parque de Monforte de Lemos.  Aurxencia deste pleno fundamentábase tamén na necesidade de darlle continuidade aeste proceso, tendo en conta que se tratan de investimentos que atinxen afondos europeos.

Tras a celebración desta sesiónextraordinaria, a presidenta quixo dar a benvida aos novos membros e puxo envalor a función que desenvolve o Consorcio atendendo a un servizo de vitalimportancia para a provincia. Neste senso, Candia tamén resaltou o seu compromisopara desenvolver un traballo coordinado entre administracións e co obxecto deactuar en todos os aspectos que requiran dunha posible mellora dentro desteservizo.