CANDIA ASUME A PRESIDENCIA DO CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS
O acordo rotatorio recollido nosestatutos polos que se rexe o Consorcio provincial contra Incendios estableceque lle corresponde á Deputación de Lugo ocupar a titularidade da presidenciado Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.Estes estatutos establecen que a Presidencia se renovará cada vez que cambienos cargos dalgunha das administracións consorciadas.Esta titularidade prolongase por un período de dous anos e nesta ocasióncorrespóndelle á Deputación de Lugo. Pola súa banda, a vicepresidenciacontinuará a ser asumida polo director Xeral de Emerxencias e Interior deVicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas eXustiza, Luís Menor Pérez.
No pleno extraordinario celebradohoxe tamén tomaron posesión os representantes da Deputación e dos concellos deMonforte e Sarria. Neste caso, pola Deputación están a presidenta Elena Candia,e os deputados, José Demetrio Salgueiro e Eduardo Vidal Baamonde; mentres quepolos concellos de Monforte e Sarria, os respectivos alcaldes, José Tomé ePilar López.
Continúase co normal funcionamento do Consorcio
Durante a celebración do primeiropleno do Consorcio con Candia como presidenta, deuse continuidade ao normalfuncionamento do ente e resolvéronse asuntos que figuraban na axenda doConsorcio. Entre eles, continuouse co proceso de licitación para a adquisicióndun vehículo (bomba nodriza pesada)para o parque de Monforte de Lemos. Aurxencia deste pleno fundamentábase tamén na necesidade de darlle continuidade aeste proceso, tendo en conta que se tratan de investimentos que atinxen afondos europeos.
Tras a celebración desta sesiónextraordinaria, a presidenta quixo dar a benvida aos novos membros e puxo envalor a función que desenvolve o Consorcio atendendo a un servizo de vitalimportancia para a provincia. Neste senso, Candia tamén resaltou o seu compromisopara desenvolver un traballo coordinado entre administracións e co obxecto deactuar en todos os aspectos que requiran dunha posible mellora dentro desteservizo.