O Goberno premia o esforzo competitivo nas novas axudas de 75.000 euros para deportistas lucenses
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_14600_1.jpg)
O Goberno da Deputaciónrenovou totalmente as bases das axudas a deportistas individuais da provinciapara premiar o esforzo competitivo e favorecer a actividade de persoas concapacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respectoao ano pasado. Así o informou hoxe o responsable de Deportes. Pablo RiveraCapón avanzou que o Executivo Provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá estassubvencións, dotadas de 75.000 euros e de concorrencia competitiva, que poderánsolicitar todos os deportistas lucenses que o desexen. O prazo abriraseprevisiblemente este mesmo mes, unha vez que sexan publicadas na Base Nacionalde Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia.
Rivera Capón presentou estanova programación nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez. Fíxooacompañado polo Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e distinguidosdeportistas da provincia como o piragüista recentemente proclamado campiónolímpico, Cristian Toro; o atleta participante nos Xogos Paralímpicos de Pekín2008 e Londres 2012, Maximiliano Rodríguez; o gardameta do CD Lugo, RobertoFernández e a ciclista do Cidade de Lugo, Sinda Fernández.
O Deputado de Deportessubliñou que unha das metas que nos marcamos dende o Goberno Provincial coatotal renovación da área de Deportes foi mellorar as axudas aos nososdeportistas, incluíndo novos criterios obxectivos e sociais en todas asconvocatorias para favorecer a transparencia, a igualdade e a integración.
En efecto, Maxi Rodríguezaproveitou a ocasión para eloxiar o incremento das axudas a deportistas concapacidades diferentes e sinalou que dende fai anos son beneficiario destasaxudas, que considero moi importantes para poder seguir cos adestramentos.
O Goberno da Deputacióndecidiu establecer novos criterios de valoración para unha concesión máistransparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas. Por 1ª vez, seterán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais,galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte:
POSTO | PROBAS CAMPIONATOS DO MUNDO | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDO | PROBAS CAMPIONATO DE EUROPA | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPA | PROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑA | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑA | PROBAS CAMPIONATOS GALEGOS | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOS | PROBAS CAMPIONATO PROVINCIAL | PROBAS CAMP. UNIV. GALEGO | PROBAS CAMP. UNIV. ESTATAL | PROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL |
1º | 60 | 10 | 40 | 7 | 30 | 5 | 20 | 3 | 10 | 3 | 5 | 10 |
2º | 54 | 9 | 36 | 6,3 | 27 | 4,5 | 18 | 2,7 | 9 | 2,7 | 4,5 | 9 |
3º | 48 | 8 | 32 | 5,6 | 24 | 4 | 16 | 2,4 | 8 | 2,4 | 4 | 8 |
4º | 42 | 7 | 28 | 4,9 | 21 | 3,5 | 14 | 2,1 | 7 | 2,1 | 3,5 | 7 |
5º | 36 | 6 | 24 | 4,2 | 19 | 3 | 12 | 1,8 | 6 | 1,8 | 3 | 6 |
6º | 30 | 5 | 20 | 3,5 | 16 | 2,5 | 10 | 1,5 | 5 | 1,5 | 2,5 | 5 |
7º | 24 | 4 | 16 | 2,8 | 13 | 2 | 8 | 1,2 | 4 | 1,2 | 2 | 4 |
8º | 18 | 3 | 12 | 2,1 | 10 | 1,5 | 6 | 0,9 | 3 | 0,9 | 1,5 | 3 |
9º | 12 | 2 | 8 | 1,4 | 7 | 1 | 5 | 0,6 | 2,5 | 0,6 | 1 | 2 |
10º | 10 | 1 | 6 | 0,7 | 5 | 0,5 | 3 | 0,3 | 2 | 0,3 | 0,5 | 1 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por participación en probas do respectivo campeonato, a partir do undécimo posto (incluído) | 5 |
| 4 |
| 3 |
| 2 |
| 1 |
|
|
|
4 grupos de beneficiarios
Poderán acceder ás presentesbolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativadurante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015,participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial,galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación desolicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.