Deputación de Lugo

O Goberno premia o esforzo competitivo nas novas axudas de 75.000 euros para deportistas lucenses

- O Executivo renovou totalmente as bases das subvencións a deportistas individuais da provincia, que aprobará mañá na Xunta de Goberno - Rivera Capón presentou esta programación xunto a Miguel Fernández, Cristian Toro, Maximiliano Rodríguez, Roberto Fernández, Sergi Quintela e Sinda Fernández - Por 1ª vez, valoraranse os resultados acadados nas competicións provinciais, galegas, estatais e internacionais. Ademais, duplícase, con respecto ano ano pasado, o orzamento das axudas para deportistas con capacidades diferentes

O Goberno da Deputaciónrenovou totalmente as bases das axudas a deportistas individuais da provinciapara premiar o esforzo competitivo e favorecer a actividade de persoas concapacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respectoao ano pasado. Así o informou hoxe o responsable de Deportes. Pablo RiveraCapón avanzou que o Executivo Provincial aprobará na Xunta de Goberno de mañá estassubvencións, dotadas de 75.000 euros e de concorrencia competitiva, que poderánsolicitar todos os deportistas lucenses que o desexen. O prazo abriraseprevisiblemente este mesmo mes, unha vez que sexan publicadas na Base Nacionalde Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia.

Rivera Capón presentou estanova programación nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez. Fíxooacompañado polo Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, e distinguidosdeportistas da provincia como o piragüista recentemente proclamado campiónolímpico, Cristian Toro; o atleta participante nos Xogos Paralímpicos de Pekín2008 e Londres 2012, Maximiliano Rodríguez; o gardameta do CD Lugo, RobertoFernández e a ciclista do Cidade de Lugo, Sinda Fernández.

O Deputado de Deportessubliñou que “unha das metas que nos marcamos dende o Goberno Provincial coatotal renovación da área de Deportes foi mellorar as axudas aos nososdeportistas, incluíndo novos criterios obxectivos e sociais en todas asconvocatorias para favorecer a transparencia, a igualdade e a integración”.

En efecto, Maxi Rodríguezaproveitou a ocasión para eloxiar o incremento das axudas a deportistas concapacidades diferentes e sinalou que “dende fai anos son beneficiario destasaxudas, que considero moi importantes para poder seguir cos adestramentos”.

Esforzo competitivo

O Goberno da Deputacióndecidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máistransparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Por 1ª vez, seterán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais,galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte:

POSTO

PROBAS CAMPIONATOS DO MUNDO

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDO

PROBAS CAMPIONATO DE EUROPA

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPA

PROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑA

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑA

PROBAS CAMPIONATOS GALEGOS

RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOS

PROBAS CAMPIONATO PROVINCIAL

PROBAS CAMP. UNIV. GALEGO

PROBAS CAMP. UNIV. ESTATAL

PROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL

60

10

40

7

30

5

20

3

10

3

5

10

54

9

36

6,3

27

4,5

18

2,7

9

2,7

4,5

9

48

8

32

5,6

24

4

16

2,4

8

2,4

4

8

42

7

28

4,9

21

3,5

14

2,1

7

2,1

3,5

7

36

6

24

4,2

19

3

12

1,8

6

1,8

3

6

30

5

20

3,5

16

2,5

10

1,5

5

1,5

2,5

5

24

4

16

2,8

13

2

8

1,2

4

1,2

2

4

18

3

12

2,1

10

1,5

6

0,9

3

0,9

1,5

3

12

2

8

1,4

7

1

5

0,6

2,5

0,6

1

2

10º

10

1

6

0,7

5

0,5

3

0,3

2

0,3

0,5

1

Por participación en probas do respectivo campeonato, a partir do undécimo posto (incluído)

5

4

3

2

1

4 grupos de beneficiarios

As axudas, queterán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cadaunha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiariossegundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:

- Ata 16 anos (todos os/as nacidosno ano 1999 e posteriores). Para este grupo destinaranse un total de 40.000euros do orzamento total da convocatoria, fomentandoo deporte base.

- De 17 ata 25 anos (nacidos/as noperíodo comprendido entre o ano 1990 e 1998, ambos os dous incluídos). Paraeste grupo destinaranse 20.000 euros do orzamento total da convocatoria.

- De 26 ata 35 anos (nacidos/as noperíodo comprendido entre o ano 1980 e 1989, ambos os dous incluídos). Paraeste grupo destinaranse 5.000 euros do orzamento total da convocatoria.

- Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade)que participen nas distintas competicións e disciplinas. Para este destinaranse10.000 euros do total do orzamento da convocatoria, o que supón o dobre que no 2015.

Poderán acceder ás presentesbolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativadurante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015,participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial,galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación desolicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.

6 deoutubro de 2016