Tren, autovías, porto seco de Monforte ou autoridade portuaria propia volven á actualidade nun foro de infraestruturas de CEL e Deputación de Lugo
-Políticos, empresarios e axentes sociais reuníronse hoxe na sede da CEL para evitar que as demandas históricas en materia de infraestruturas para a provincia perdan visibilidade-Os empresarios resaltaron que é moi difícil investir nunha provincia na que partimos con claras desvantaxes competitivas como son as de non contar coas infraestruturas máis básicas de conexión territorial
A CEL ten intención de organizar novos encontros e convidará en 2018 a outras autoridades e representantes públicos coa finalidade de retomar o debate en materia de infraestruturas e evitar o esquecemento da nosa provincia