Deputación de Lugo

Tren, autovías, porto seco de Monforte ou autoridade portuaria propia volven á actualidade nun foro de infraestruturas de CEL e Deputación de Lugo

-Políticos, empresarios e axentes sociais reuníronse hoxe na sede da  CEL para evitar que as demandas históricas en materia de infraestruturas para a provincia perdan visibilidade
-Os empresarios resaltaron que é moi difícil investir nunha provincia na que “partimos con claras desvantaxes competitivas como son as de non contar coas infraestruturas máis básicas de conexión territorial”

A CEL ten intención de organizar novos encontros e convidará en 2018 a outras autoridades e representantes públicos coa finalidade de “retomar o debate en materia de infraestruturas e evitar o esquecemento da nosa provincia”