Deputación de Lugo

Mañá ábrese o prazo de solicitude para 5 novos postos do DEPUEMPREGO en Quiroga

- Son 5 prazas para traballar de peón múltiple, animador/a sociocultural, limpador/a, operador/a de Cámara RTMQ (Radio Televisión Municipal de Quiroga), peón forestal e un auxiliar administrativo - Os interesados teñen que estar inscritos no INEM, e poderán atopar toda a información nas oficinas de Monforte de Lemos, ou taboleiro de información e na páxina web do Concello de Quiroga www.concellodequiroga.com, tamén en www.deputacionlugo.com- No último ano o Goberno da Deputación financiou un total de 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia. Faino a través de 3,5 millóns de euros distribuidos en base a criterios obxectivos

A Deputada de Promoción Social e Económica, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este luns a apertura do prazo para solicitar os 5 postos de traballo do DEPUEMPREGO que se ofertan no Concello de Quiroga. Trátanse de prazas que pertencen a este programa destinado á creación de emprego naqueles municipios de menos de 20.000 habitantes.

Dende mañá ata día 13 de agosto, os interesados poden concorrer a un dos 5 postos, ofertados polo Concello de Quiroga, que pertencen ao programa de fomento do emprego DEPUEMPREGO. É requisito indispensable estar anotado coma demandante de emprego no INEM

López Izquierdo quixo resaltar que “por medio desta programación o Goberno Provincial xerou xa máis de 308 postos de traballos en 66 Concellos diferentes. Nese senso de potenciar a creación de emprego na provincia, levamos investido case 10 millóns de euros neste programa, o que permitiu que ao longo dos últimos anos a moitos lucenses reincorporarse ao mercado laboral”.

Os postos

Os 5 postos que se ofertan no Concello de Quiroga e que pertencen ao programa DEPUEMPREGO son os seguintes:

-1 posto de peón múltiple

-1 animador sociocultural

-1 limpador/a

-1 operador de cámara na Radio Televisión Municipal de Quiroga (RTMQ)

-1 peón forestal

-1 auxiliar administrativo

As bases e os procesos de selección son elaborados polos municipios. Polo tanto, toda a información pódese atopar no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga, na súa páxina web www.concellodequiroga.com e na oficina de emprego de Monforte de Lemos. Tamén na páxina web da deputación www.deputacionlugo.gal onde no banner do DEPUEMPREGO se publican todas as bases, documentación e postos de traballo que se ofertan.