Mañá ábrese o prazo de solicitude para 5 novos postos do DEPUEMPREGO en Quiroga
- Os interesados teñen que estar inscritos no INEM, e poderán atopar toda a información nas oficinas de Monforte de Lemos, ou taboleiro de información e na páxina web do Concello de Quiroga www.concellodequiroga.com, tamén en www.deputacionlugo.com
- No último ano o Goberno da Deputación financiou un total de 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia. Faino a través de 3,5 millóns de euros distribuidos en base a criterios obxectivos
A Deputada de Promoción Social e Económica, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este luns a apertura do prazo para solicitar os 5 postos de traballo do DEPUEMPREGO que se ofertan no Concello de Quiroga. Trátanse de prazas que pertencen a este programa destinado á creación de emprego naqueles municipios de menos de 20.000 habitantes.
Dende mañá ata día 13 de agosto, os interesados poden concorrer a un dos 5 postos, ofertados polo Concello de Quiroga, que pertencen ao programa de fomento do emprego DEPUEMPREGO. É requisito indispensable estar anotado coma demandante de emprego no INEM
López Izquierdo quixo resaltar que por medio desta programación o Goberno Provincial xerou xa máis de 308 postos de traballos en 66 Concellos diferentes. Nese senso de potenciar a creación de emprego na provincia, levamos investido case 10 millóns de euros neste programa, o que permitiu que ao longo dos últimos anos a moitos lucenses reincorporarse ao mercado laboral.
Os postos
Os 5 postos que se ofertan no Concello de Quiroga e que pertencen ao programa DEPUEMPREGO son os seguintes:
-1 posto de peón múltiple
-1 animador sociocultural
-1 limpador/a
-1 operador de cámara na Radio Televisión Municipal de Quiroga (RTMQ)
-1 peón forestal
-1 auxiliar administrativo
As bases e os procesos de selección son elaborados polos municipios. Polo tanto, toda a información pódese atopar no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga, na súa páxina web www.concellodequiroga.com e na oficina de emprego de Monforte de Lemos. Tamén na páxina web da deputación www.deputacionlugo.gal onde no banner do DEPUEMPREGO se publican todas as bases, documentación e postos de traballo que se ofertan.