Deputación de Lugo

Sobrino Panizo advirte de que o incumprimento da normativa medioambiental conleva a retirada das axudas comunitarias

O Presidente da Deputación inaugurou a xornada que o experto en control de Fondos Europeos do Ministerio de Economía impartiu no Pazo de San Marcos

Gómez Besteiro subliñou que a reorientación das políticas provinciais fixo posible captar máis de 20 millóns de euros “porque en la Diputación no estamos para perder ni un sólo euro que pueda beneficiar a esta provincia” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado da Concelleira de Economía do Concello de Lugo, Sonia Méndez inaugurou a “Xornada Informativa dos Fondos Europeos no Marco do Programa Operativo de Galicia 2007-2013”, que impartiu o Xefe da Área de Control da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, Faustino Sobrino Panizo. Gómez Besteiro destacou que Panizo é un dos expertos con maior prestixio non só a nivel mundial senón internacional en control de fondos europeos. Neste senso, subliñou que “este encuentro demuestra que formar parte de la Unión Europea no sólo es relevante, sino que con los tiempos que corren y en los que es más importante que nunca estar unidos, es imprescindible”. No encontro, ó que asistiron Alcaldes e traballadores da Administración Local da provincia, así como o Director de PricewaterhauseCoopers, Manuel Márquez -que colaborou na organización do evento-, púxose de relevo que os fondos estruturais son unha oportunidade para reforzar a cohesión económica, social e territorial da provincia. A este respecto, o Presidente da Deputación lembrou que “fuimos quien de reorientar las políticas provinciales, lo que hizo posible que captásemos 20,6 millones de la Unión Europea, que permitieron poner en marcha proyectos como Lug02, Innova-TE, Pacto Integral para el Empleo y el Plan Urban. En la Diputación no estamos para perder ni un sólo euro que pueda beneficiar a esta provincia”. Panizo basou a súa intervención no ciclo de vida dos Fondos Europeos en canto á súa elexibilidade, contratación, publicidade, medio ambiente e igualdade de oportunidades. Subliñou que a concesión de fondos reduciuse en España porque algunhas Comunidades xa acadaron un nivel medio fronte a outras rexións menos desenvolvidas. O experto fixo especial fincapé en que o incumprimento da normativa medioambiental pode ser motivo da retirada de axudas. “Sin embargo España supo acogerse al Fondo Social y de cohesión sin que se perdiese ninguna subvención. Generalmente, la contratación pública es lo que más problemas genera a la UE”. Asimesmo, adiantou que Polonia será un dos países que máis axudas vai recibir de Europa no futuro, e que nestes momentos priorízanse as subvencións que están dirixidas á implantación da Sociedade da Información e á I+D+I. Pola súa banda, Sonia Méndez apuntou que o Concello de Lugo xestiona 35 millóns de euros da Unión Europea, “que sirven para potenciar las arcas municipales. Ejemplo de ello es el Plan Urban, que va a convertir el centro histórico en una potencia económica, y esto redundará en beneficio de toda la provincia”. Un dos expertos máis importantes de Europa en fondos europeos Sobrino Panizo leva vinculado coa Administración do Estado desde 2001. Primeiro co Ministerio de Agricultura e, agora, co de Hacienda, onde é xefe da Área de Control de Fondos Comunitarios. Tamén é membro da Comisión Técnica que redactou a nova Lei de Subvencións e director de equipo de auditores que supervisan as auditorías da Dirección General de Fondos Comunitarios para as axudas FEDER.