Deputación de Lugo

Gómez Besteiro protagoniza a primeira visita oficial dun Presidente Provincial á Deputación da Coruña

As Deputacións compartirán experiencias en proxectos comúns como o Plan Estratéxico ou a rede de estradas.

José Ramón Gómez Besteiro protagonizou a primeira visita oficial dun Presidente Provincial á Deputación da Coruña. A visita, que tivo lugar esta mañá na sede coruñesa, foi o punto de partida “dunha senda de colaboración na que haberá moitas máis reunións” anunciou o Presidente lucense. “Hasta donde me anclaza la memoria es la primera visita oficial que un Presidente de una Diputación gallega a la Diputación de A Coruña. Parece mentira”. Con estas verbas deu a benvida o Presidente da Deputación coruñesa, Salvador Fernández Moreda, ó seu homólogo lucense. Cun marcado carácter institucional, a xornada comenzou ás once da mañá cunha reunión de traballo, á que seguiu a sinatura no Libro de Ouro por parte do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, o intercambio de agasallos institucionais e un almorzo. “Lugo e A Coruña somos pobos irmáns. A nosa obriga é acudir a onde se fan ben as cousas para facelo igual de ben ou superalo. Hai unha relación real entre A Coruña e Lugo, por exemplo, dentro da reorientación dos fondos europeos ou dos plans estatais”, sinalou Gómez Besteiro. Por iso, Lugo recabará experiencias nas que a Deputación da Coruña está a ser un referente estatal, como na elaboración do seu Plan Extratéxico ou a xestión de tributos co pago on line. O Presidente coruñés, Salvador Fernández Moreda, sinalou que “un Plan Estratégico es fundamental para entusiasmar a una provincia. Por ejemplo, no es normal que una carretera cuyo titular es la Diputación se acabe en el límite con otra provincia y que pase de 12 metros de ancho en Lugo a 9 en A Coruña”. Neste senso, o máximo responsable da institución lucense asegurou que “Lugo ten unha extensa rede viaria onde algunhas vías naceron de costas a outras provincias. Isto non pode ser.” Gómez Besteiro anunciou que “como hai moitos temas nos que estamos chamados a entendernos, haberá máis reunións. Fixen unha invitación ó Presidente para que coñeza a Deputación de Lugo. Non é normal que durante moitos anos non se producise este encontro” O papel das Deputacións O Presidente da Deputación coruñesa destacou que “las Diputaciones deberían estar coordinadas y no siempre cuestionadas. Tenemos más de 150 años de existencia. Muchas veces los vecinos no saben para qué estamos; lo saben los Ayuntamientos.” Por iso, poñer en valor as Deputacións e reivindicar o papel que lles corresponde foi un dos asuntos abordados na xuntaza desta mañá. O Presidente da Deputación de Lugo concluiu a visita afirmado que “eu estou feliz, non só porque fora invitado polo Presidente, senon polo amigo Salvador Fernández Moreda que, a propósito, ten as suas orixes en Lugo.” Sinatura no Libro de Ouro O Presidente da Deputación de Lugo asinou no Libro de Ouro da institución provincial coruñesa no que deixou escrito: “É uhna verdadeira honra, en nome da provincia de Lugo, deixar testemuña desta data que servirá, sen lugar a dúbidas, para proseguir co traballo en común: que polo ben dos Concellos de ambalas dúas provincias se materializará nos proxectos ós que estamos chamados a facer, unha referencia que xurde do noso país a favor dos nosos veciños”. Gómez Besteiro entregou como agasallo institucional a Fernández Moreda o Organistrum, unha réplica dun instrumento musical do Pórtico da Gloria restaurado polo Obradoiro de Instrumentos do Centro de Artesanía e Deseño. Este é un dos produtos seleccionados polo CENTRAD para a promoción dos artesáns lucenses. Pola súa banda, Fernández Moreda entregou a Gómez Besteiro unha figura de Sargadelos chamada “O guardián de Mariñán” que reproduce unha escultura de pedra do Pazo de Mariñán.