Deputación de Lugo

Iniciados os traballos de roza que a Deputación xestiona directamente nos Concellos que non subscribiron o convenio

Imaxe deputación de lugo
O desbroce das vías provincias destes municipios está previsto que dure un mes e medio

A Deputación comezou este luns os traballos de roza nas estradas provinciais dos Concellos que este ano non se sumaron ó convenio que lles permite asumir a xestión do desbroce. Para a execución destes traballos o organismo provincial destina 228.081 euros. En total, son 20 Concellos que se dividen en cinco zonas: zona 1 (O Vicedo, Cervo Muras, Mondoñedo, Lourenzá e Trabada) á que se destinan 51.765 euros; zona 2 (Carballedo, O Saviñao e Sober) que conta cun investimento de 53.421 euros; zona 3 (Antas de Ulla, Friol, O Incio e O Corgo) adxudicada por valor de 50.563 euros; zona 4 (Baralla, As Nogais, Ribeira de Piquín e Meira) á que se destinan 33.129 euros; e zona 5 (Xermade, Lugo e Outeiro de Rei) na que se invisten 39.203 euros. A roza nestes municipios está previsto que dure un mes e medio. Ademais, reservarase un 10% do presuposto para repasar os primeiros viais que se limpen e nos que reaparecerá antes a maleza. Asimesmo, a Deputación ofrece ós Concellos a posibilidade de que elixan entre dúas opcións: ou ben o sistema que se veu empregando ata hai dous meses para a toda a rede provincial, ou que sexan os municipios os que asuman directamente estes traballos, para o que se lles aboa una cantidade por cada quilómetro de estrada. Os outros 47 Concellos sumáronse ó convenio polo que asumen directamente a xestión da roza, unha iniciativa posta en marcha por primera vez na Deputación polo actual equipo de goberno. Son os seguintes: Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Castroverde, Courel, Cervantes, Cospeito, Chantada, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, Xove, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Pobra de Brollón, A Pontenova, Pastoriza, Páramo, Pedrafita, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, Trabada, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Burela. Neste caso, a Deputación destina 500.000 euros.