Deputación de Lugo

O Presidente da Asociación Cubana de Produción Animal visita Lugo para estudar da man de Acruga a raza rubia galega

Imaxe deputación de lugo
Durante a xornada de hoxe coñeceu o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, a nave de testaxe de Adai e mantivo encontros con gandeiros lucenses
Esta semana está prevista unha xuntanza na Facultade de Veterinaria para coñecer os resultados de varios traballos científicos sobra a Raza Rubia

O Presidente da Asociación Cubana de Produción Animal (ACPA), Francisco Grajales Lira, realizaou un alto na súa estancia en Madrid para visitar Lugo e coñecer de preto e da man de ACRUGA as características da Raza Rubia Galega. Grajales Lira estaba en días pasados en Madrid, onde participa nun encontro coa Federación Española de Asociacións de Gando Selecto (Feagas), é dicir, a homóloga en España da que el preside en Cuba. Dende Acruga explican que Francisco Grajales amosouse especialmente interesado nas cualidades e características da Raza Rubia Galega. Durante toda a xornada de hoxe visitou o Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, onde lle explicaron o traballo que se leva a cabo para lograr un rebaño de elite para vender e contribuir con elo á mellora da raza e á súa expansión. Tamén estivo na nave de testaxe que Acruga posúe en Adai, no municipio do Corgo. Para mañá está prevista a visita a Xenética Fontao, así como a varias explotacións de asociados de Acruga de distintos puntos da provincia. O mércores a actividade trasladarase ata a Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, onde coñecerá de primeira man as conclusións de determinados proxectos científicos sobre a raza rubia, así como os resultados del cruzamento con gando autóctono de Brasil e Argentina. A xuntanza será co profesor xubilado da Facultade de Veterinaria e asesor técnico de Acruga, Luciano Sánchez García.