Deputación de Lugo


A modalidade “barril da eira” pon fin ós cursos da programación de outono do CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
O curso comezará o vindeiro luns e rematará o 14 de decembro

O vindeiro luns, día 26, no Obradoiro de Cestería do Paseo do Río Rato dará comezo o curso de cestería “barril da eira” que organiza o Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Desde o 26 de novembro ata o 14 de decembro os asistentes terán a oportunidade de coñecer cal é o proceso de construcción do barril da eira ou cantimplora leonesa fabricada con vimbio. O curso será impartido polo artesán Carlos Fontales e consta de 8 prazas. O programa inclúe a identificación e preparación do material e ferramentas, inicio de espiral e técnicas de cosido, elaboración de costados, ensamblaxe de pezas con pitorro e impermeabilización con pez. Dirixido a cesteiros, floristas, profesionais do contorno, artesáns do textil, artistas, creativos e ó público en xeral, impartirase de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. Coa modalidade de “barril na eira” remata a programación de outono do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. Os interesados poderán formalizar a inscripción ata dous días antes do comezo do obradoiro a través do teléfono 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14