Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación ratifica o seu respaldo á comarca da Mariña

Gómez Besteiro visitou oficialmente os Concellos de Cervo e Viveiro ademais da fábrica de Alcoa

A rolda de entrevistas que está a manter o Presidente da Deportación de Lugo con todos os Alcaldes e Alcaldesas levouno esta mañá ós Concellos de Cervo e Viveiro. Nos dous municipios José Ramón Gómez Besteiro explicou a importancia da nova Área de Cooperación cos Concellos creada polo actual equipo de goberno provincial, do Plan Estratéxico da provincia que se vai presentar o venres, así como da política de extinción de incendios que será deseñada tendo en conta o conxunto da provincia. Precisamente as directrices provinciais con respecto ós parques de bombeiros foi un asunto recurrente nos dous municipios. Neste senso o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, solicitou a creación dun subparque neste Concello, e o de Viveiro, Melchor Roel, demandou a participación da Deputación no parque cuio proxecto se está a redactar na actualidade. José Ramon Gómez Besteiro reiterou que o deseño dos futuros parques de bombeiros atenderá á provincia no seu conxunto. “Quero deixar claro o meu compromiso desde a Deputación. O noso obxecivo é que toda provincia estea cuberta no caso dun incendio”, afirmou o Presidente. Rercordou que se está en negociacións coa Conselleria de Presidencia, e anunciou que proximamente haberá novidades, pero tamén quixo deixar claro que “para un problema bloqueado durante longos anos deben cumprirse os tempos precisos para actuar con eficacia”. Plan Estratéxico A procura dunha estratexia para a provincia será a finalidad do Plan Estratéxico que se asinará o vindeiro venres nun acto público. Será a primeira vez que a provincia de Lugo conte cun documento destas características; una folla de ruta que priorice, de xeito obxectivo, as actuacións que deben acometerse nos vindeiros anos. A Área de Cooperación dos Concellos tamén foi motivo de interese dos rexedores que cualificaron de moi positivas as melloras introducidas nesta materia. José Ramón Gomez Besteiro non quixo marchar da Mariña sen lembrar que a Deputación traballará para conservar a súa riqueza mediombiental. Apostou por buscar modelos que fagan compatible o desenvolvemto industrial, como é o caso da factoría de Alcoa e a potenciación do medio natural. Na sua visita ás instalacións da devandita fábrica, o titular da Deputación subliñou que é “o motor da Mariña”, e aproveitou o seu percorrido para falar cos traballadores. Outras demandas dos Alcaldes A industria tamén foi un dos temas abordado polo Alcalde de Viveiro. Melchor Roel solicitou que, ademais do parque empresarial previsto por Xestur, a Sociedade Urbanística Provincial contemple a construcción dun segundo polígono. José Ramón Gómez Besteiro dixo que a Deputación e a Xunta de Galicia se coordinarán nesta materia, co obxectivo de que SUPLUSA cubra as zonas que non sean prioritarias para Xestur. Ademais, Melchor Roel pediu a colaboración da Deputacion no proxecto Peixe Verde, que aborda de xeito integral o problema que significa o consumo de combustible para os barcos pesqueiros. Pola súa banda, o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, demandou ó Presidente provincial a ampliación do Museo do Mar. José Ramón Gómez Besteiro foi presentado ás respectivas Corporacións e ós directivos de Alcoa, e asinou nos Libros de Ouro dos Concello e no de Honra da factoría. Agasllou ós seus máximos responsables con cadansúa bufanda de seda e coas últimas pezas de cerámica elaboradas polo Centro de Artesanía e Desdeño dependente da Deputación. Pola súa banda recibiu pezas de Sargadelos en Cervo e Alcoa e unha reproducción da Porta Carlos V en Viveiro.