Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo coordinará o servizo de recollida de envases lixeiros da provincia

Lara Méndez é a primeira muller que preside a Xunta de Gobierno da Deputación Provincial

A Deputación de Lugo poñerase en contacto con todos os Concellos da provincia para propoñerlles que delegen no organismo provincial a recollida de envases lixeiros que ata o de agora era realizada por Sogama. Así o anunciou o voceiro provincial do PSOE, Antonio Gato Soengas, quen indicou que “a través do servizo de urbanismo e medioambiente enviaremos cartas ós Concellos agardando que estes delegen responsabilidades”. Esta decisión tomouse logo de que Sogama decidise non seguir prestando este servizo que a partir de agora realizará a Sociedade Ecoembes. Na actualidade 32 concellos contan con medios propios para realizar este servizo, en 23 a encargada é Sogama e 12 carecen del. Neste senso, o voceiro provincial socialista explicou que “o ideal é que todos os Concellos da provincia delegen esta responsabilidade con fin de facer máis eficientes as diferentes rutas para a recollida selectiva”. Deste xeito, dase o primeiro paso para “dar cumprimento á moción presentada polo Partido Popular no pleno celebrado o pasado 30 de novembro”, indicou Antonio Gato. “Día histórico” A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, presidiu a Xunta de Goberno celebrada este venres. É a primeira vez na historia do ente provincial, na que unha muller encabeza este órgano de goberno. Neste senso, o voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, salientou que “certamente se trata dun día histórico, xa que por primera vez unha muller preside a Xunta de Goberno”. Na sesión celebrada hoxe aprobáronse as contas xustificativas de 15 obras correspondentes ó Plan de Cooperación con Comunidades Veciñais do ano 2006 por un importe de 133.550 euros, dos que a Deputación achega 70.205 euros. Deste xeito, dase continuidade ó compromiso do organismo provincial de saldar a débeda con estas entidades. “Estamos dando pasos para facer efectivos estes pagamentos. Algunhas destas obras aínda están sen ver, en canto teñamos os trámites cubertos procederemos a facelos efectivos”, indicou Gato Soengas. Son obras que inclúen o arranxo de cemiterios, a rehabilitación e pavimentación de varias parroquias pertencentes ós Concellos de Antas de Ulla, Barreiros, Foz e A Fonsagrada, así como a pavimentación e hormigonado de distintos camiños do municipio fonsagradino, o acondicionamento de áreas recreativas, a mellora de fontes públicas en varias parroquias do Concello de Friol e o asfaltado de varias pistas nos Concellos de Mondoñedo e Monforte de Lemos. A Xunta de Goberno tamén adxudicou por un importe de 29.930 euros á empresa Ibérica de Sales, S.A o contrato para o suministro de sal para os silos que a Deputación Provincial ten nos concellos de Cervantes, Becerreá, O Courel, San Clodio (Ribas do Sil), A Fonsagrada, Navia de Suarna, Meira, O Incio, Ourol, Valadouro e Lugo. O prezo por tonelada é de 78,76 euros. Coa adquisición desta sal beneficiarase ós Concellos na época invernal. Dentro do asunto de Comunicacións a Presidencia, Antonio Gato deu a coñecer as sentenzas xudiciais que afectan á Deputación. Segundo o voceiro provincial socialista “en virtude da nova política informativa do novo equipo de goberno iremos dando conta de todas as sentenzas con fin de que os cidadáns estén enterados”.