Deputación de Lugo

A Deputación cubre en menos de 4 días todas as prazas do programa anti-crise Lugo Compite+

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial amplía nun 20% o número de participantes debido ó aluvión de PEMES interesadas nesta iniciativa pioneira e totalmente gratuíta

Expertos económicos comezarán a vindeira semana as consultorias personalizadas nas propias empresas para coñecer a sua situación e garantir a permanencia A Deputación vén de pechar o prazo de inscrición para Lugo Compite+, o pioneiro programa anti-crise impulsado polo organismo provincial para lograr PEMES máis competitivas que sobrevivan á crise, debido ó éxito de convocatoria. O gran interese suscitado polas pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia fixo que, en menos de 4 días, quedasen todas as prazas cubertas. A iniciativa da Deputación superou todas as expectativas previstas xa que, dende o luns, cando o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, presentou Lugo Compite+ , entidades lucenses de todos os sectores se puxeron en contacto e esgotaron para participar no programa. Ante o aluvión de PEMES interesadas, a Deputación ampliou nun 20% o número de prazas dispoñibles, e ascendendo a unhas 30. Expertos económicos comezarán as consultorías a vindeira semana. Deste xeito, desprazaranse ata cada unha das entidades participantes para coñecer in situ a súa situación, e logo acometer medidas urxentes e estratéxicas que aseguren a súa supervivencia ante a crise. O organismo provincial sufraga o 100% desta iniciativa supoñendo un custe cero para as PEMES. Segundo os prezos reais do mercado, esta consultoría suporía un investimento por entidade de entre 4.500-6.000 euros. Este programa anti-crise engádese a outras iniciativas da Deputación como os programa destinados á difícil sucesión familiar que se celebraron na Mariña e na Ribeira Sacra, e que contribuíron a manter uns 50 postos de emprego.