Deputación de Lugo

Gómez Besteiro supervisa obras que a Deputación acomete en Antas de Ulla por valor de 400.000 euros

Imaxe deputación de lugo
A Deputación acondiciona dúas estradas provinciais que comunican este Concello con Chantada e Palas de Rei e que contan cun investimento de máis de 300.000 euros

O titular provincial destacou que “non deixararemos escapar ningunha oportunidade que supoña crear riqueza para os veciños. Son dúas obras importantes que melloran a comunicación deste Concello coas localidades limítrofes” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este mércores obras que o organismo provincial está a levar a cabo no Concello de Antas de Ulla e que ascenden a preto de 400.000 euros. Trátase de investimentos concretos como os traballos de ensanche e mellora que se están a executar na CP 1809 de Chantada a Antas de Ulla, desde o punto quilométrico 19,300 ó 20,500. A obra conta cun investimento de 200.000 euros e, segundo explicou o titular provincial, estará rematada en agosto. Inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos de 2006 e foi adxudicada a Sucastro S.L Asimesmo, o máximo mandatario provincial tamén comprobou in situ o treito de 1,28 quilómetros que acondicionou a Deputación da CP 4202, e que vai de Palas de Rei por Ponte Merced a Antas de Ulla. As obras de mellora realizáronse no treito que vai do punto quilométrico 9,770 ó 11,050. O investimento que realiza a Deputación neste proxecto ascende a 108.000 euros e inclúese dentro do POS 2009. Gómez Besteiro explicou que “esta estrada estaba en zahorra, nun proxecto feito pola anterior Deputación e do que se perdeu a subvención. Agora os veciños xa poden dispoñer dunha estrada en perfectas condicións”. O responsable provincial indicou, ademais, que “non queremos deixará escapar ningunha oportunidade que supoña crear riqueza para os veciños. Estas son dúas obras importantes que permiten comunicar este Concello con dúas localidades limítrofes”. Compromisos do Presidente O Presidente da Deputación tamén se comprometeu á acondicionar a marxe dereita da estrada que comunica coa igrexa de Peibás, en Antas de Ulla. Deste xeito, mellorarase a cuneta que será revestida de formigón para favorecer a drenaxe do vial e o estacionamento de vehículos. Ademais, o organismo provincial construirá nesta zona un bebedeiro para animais co obxectivo de que sirva tamén como depósito en caso de incendio. As dúas actuacións que acometerá a Deputación teñen un custe de 35.000 euros. Outros investimentos en Antas Gómez Besteiro tamén aproveitou a viaxe a Antas de Ulla para visitar varias obras incluídas no Plan de Comunidades Veciñais. A través desta iniciativa, este Concello recibiu da Deputación 45.687 euros, que serviron para executar 5 obras: acondicionamento de depósitos e reparto de augas en Santa Mariña; mellora da pista de entrada a Os Carreiros cara Senande; restauración e limpeza da fonte de Chorente; instalación de dous puntos de luz en Vilasión; e reparación da pista de acceso a Lebesende. “Este Plan que segue a ser un bo modelo porque inclúe obras pequenas, pero non menos necesarias, que non se poderían facer se non tivesen o apoio da Deputación”, engadiu o titular provincial”.