Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo salda a débeda histórica
coa Confederación Hidrográfica do Norte
e desbloquea futuros proxectos

A Deputación realizará o 1 de decembro o pago da débeda de 2.500.000 euros

O Presidente de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse este venres co Presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorge Marquínez, para saldar a asignatura pendente que o organismo provincial tiña coa CHN. Gómez Besteiro confirmoulle ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Norte o pago da débeda histórica do organismo provincial, que ascende a 2.500.000 euros. O pago efectuarase o próximo 1 de decembro. “O compromiso que adquiere a Deputación Provincial permitirá facer proxectos en común coa Confederación e enfocar o futuro de forma decidida”, anunciou o Presidente da Deputación. Para Gómez Besteiro esta reunión permitirá por en marcha outros proxectos que se enmarcan dentro do convenio que vincula á ámbalas dúas administracións, xa que, a inversión que se está a facer en diferentes concellos da provincia supera os 15.000.000 de euros. O Presidente da Deputación referiuse así, ó proxecto da Pontenova que conta cun orzamento de 5.000.000 de euros e que permitirá a recuperación do entorno do río Eo. Neste senso, Gómez Besteiro indicou: “Lugo é un auténtico potencial en materia de medio ambiente e a débeda histórica inhabilitaba a Deputación para participar en proxectos futuros como e a Reserva da Biosfera Terras de Burón ou o proxecto da Pontenova”. Pola súa banda, o Presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorque Marquínez, amosou a súa satisfacción porque agora supérase o desencontro coa administación luguesa. Marquínez indicou que “desta forma recuperamos o diálogo, xa que, máis alá do custe económico supoñía unha deslealdade institucional”. Jorque Marquínez tamén se referiu ó proxecto de recuperación da Pontenova. Asegura que só falta a aprobación do trámite final para que se poda contratar o proxecto. Para o Presidente da CHN este é un exemplo de que “o pago da débeda histórica supón o punto de partida de novas liñas de colaboración a curto prazo que xa están enriba da mesa”. Recepción oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu previamente ó Presidente da CHN, Jorque Marquínez, no seu despacho onde lle fixo entrega dunha bufanda de seda realizada polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño. A recepción protagonizou, ademais, a anécdota do día. Jorge Marquínez indicou, moi agradecido: “nunca me regalaron nada na Deputación durante todos estes anos ata agora. É a primeira vez que a Confederación recibe un agasallo institucional da Deputación”. Sede da Confederación do Miño Sobre a posiblidade de que Ourense se convirta na sede da Confederación do Miño á que aspiraba Lugo, Jorque Marquínez asegurou que a decisión non está tomada: “Esas declaracións son falsas. Cando se tome a decisión darase a coñecer de forma inmediata, xa que, existe un compromiso directo por parte do Ministerio de Medio Ambiente”.