Deputación de Lugo

Unha curtametraxe realizada por alumnos da Fundación TIC de Lugo participa no Festival de Cine de Ourense

Imaxe deputación de lugo
¿O tempo e a Distancia” foi seleccionada en varios festivais

¿O tempo e a Distancia”, curtametraxe realizada pola terceira promoción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, participa na sección paralela da XII edición do Festival de Cine Independente de Ourense que se celebra do 17 ó 24 de novembro de 2007. Na cinta nárranse as historias de Vincent, un fotógrafo de sorrisos a piques de extinguirse, e de Christina, unha gardadora de segredos desbordada. Ámbolos dous están nun punto de non retorno e contratan á empresa Tempo e Distancia que ofrece viaxes definitivas, indoloras e cunha compañía axeitada. Desde a súa presentación oficial na Escola de Imaxe e Son de Lugo no mes de xuño de 2007, a cinta foi presentada e seleccionada en diversos festivais. A curtametraxe é o resultado do traballo conxunto desenvolvido no módulo de proxecto integrado por alumnos e profesores do Ciclo Superior de realización de audivisuais e espectáculos, e do Ciclo Superior de produción de audiovisuais, radio e espectáculos. O pasado ano, e no marco das Xornadas de Formación Audiovisual do Festival de Cine Independente de Ourense, a curtametraxe ¿A Soga da Soidade”, realizada por alumnos da primeira promoción de titulados da EIS, recibiu o Premio Estrela de Galicia na sección mellor traballo audiovisual de escolas de Galicia.