Deputación de Lugo

Regina Polín e Ricardo Parada inauguran a exposición “A Reserva da Biosfera Terras do Miño. LIC Parga-Ladra-Támoga. O Programa LIFE-Natureza”

A mostra permanecerá na Escola Abanera ata o 17 de decembro

A deputada de Economía e Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin, e o deputado delegado da Área de Medio Ambiente, Ricardo Parada, acompañados de Laura Vázquez Janeiro, bióloga do INLUDES, presentaron este luns na Escola Abanera de Guitiriz a exposición “A Reserva da Biosfera Terras do Miño. LIC Parga-Ladra- Támoga. O Programa LIFE-Natureza”. A mostra que permanecerá no centro educativo ata o vindeiro día 17 de decembro amosa a bioxeografía de Terras do Miño, a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia no ano 2002. A exposición, que consta de debuxos e fotografías, así como doutro material audiovisual, é un resumo da labor realizada polo INLUDES en materia de educación ambiental, conservación e xestión do medio natural. Laura Vázquez Janeiro, Bióloga do INLUDES, foi a encargada de realizar unha visita guiada coa que se deu a coñecer os valores etnográficos e ambientais da Biosfera. A mostra inaugurouse no ano 2005 e desde entón estivo exposta ó público no Museo Provincial de Lugo, no Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Auditorio de Mondoñedo, no IES Fontem Alobaei da Fonsagrada, e na Casa da Cultura de Vegado (Asturias). Unha vez rematada a estancia na Escola Abanera de Guitiriz a exposición continuará o seu percorrido itinerante polos distintos concellos da provincia co obxectivo de achegar ós escolares e á poboación en xeral conceptos como os de “Reserva da Biosfera” ou “Rede Natura 2000”.