Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación presidiu o acto de colocación do retrato de Francisco Cacharro

O evento contou coa presenza do tamén Presidente, Julio Ulloa Vence, os tres Vicepresidentes, membros da Corporación e o Cronista Oficial da provincia, Juan Soto

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu este luns o acto de colocación do retrato do Presidente provincial, Francisco Cacharro Pardo. No acto, no que tamén estiveron presentes o Presidente, Julio Ulloa Vence, o tres Vicepresidentes, os membros da Corporación provincial e o Cronista Oficial da Provincia, Juan Soto, Gómez Besteiro agradeceu a presenza de Cacharro Pardo, o Presidente 101 da institución luguesa. “Hoxe é un día moi bo, xa que con actos coma este recordamos determinadas etapas e pensamos como facemos as cousas antes, ahora e despois desde a institución que representamos, e que nos ilusiona a todos”. Gómez Besteiro concedeulle o máximo protagonismo ó homenaxado, xa que a Deputación “debe estar por riba de todos nós”. Neste senso, o máximo mandatario provincial engadiu que “hoxe é o día no que falará o verdadeiro protagonista do acto. O tempo dirá quenes serán os futuros Presidentes, pero sen dúbida, a institución debe estar por riba de todos nós, xa que é á que nos debemos e na que debemos aplicar todo o noso traballo, tanto dos que tiveron a oportunidade de traballar no pasado, como os que temos a responsablilidade na actualidade e os que veñan e nos acompañen no futuro e respresenten a esta institución”. Pola súa banda, Francisco Cacharro, destacou que estivo ó fronte da Deputación desde 1983 a 2007, 24 anos de goberno que “fan que teña unha vinculación intensa coa mesma, polo que estas paredes teñen unha resonancia afectiva para min”. No seu discurso, o ex titular do ente provincial, lembrou que o Pazo de San Marcos acolleu o primeiro Instituto de Bacherelato de Lugo e as Escolas de Maxisterio e Comercio. O seu retrato, ubicado na Galería de Presidente –no acceso ó Salón de Plenos-, foi encargado pouco despois da toma de posesión do actual Presidente provincial e quedou rematado hai pouco máis dun mes. Deste xeito, cúmprese cunha das cláusulas que contempla o Regulamento de Honra da Deputación para os ex Presidentes. A autora, María Xesús Pérez Carballo, foi elexida polo propio Francisco Cacharro. O cadro, un óleo de 60 x 50 centímetros, custou 4.640 euros. Este retrato está ubicado xunto ós de Luis Cordeiro, que presidiu este organismo desde os anos 1979 a 1983; José de la Torre, que ocupou o cargo entre 1965 e 1974 e Julio Ulloa Vence, Presidente desde 1963 a 1965.