Deputación de Lugo

O Pleno da Deputación aproba por unanimidade o convenio para pagar o canon de Chantada

Gómez Besteiro destacou que “a estas alturas está claro quen quere cumprir co Concello de Chantada e quen non”

O canon hidroeléctrico foi o tema estrela do Pleno celebrado este martes na Deputación de Lugo. A Corporación provincial aprobou por unanimidade as bases que rexerán o convenio extraxudicial co Concello de Chantada para saldar unha das maiores débedas históricas que tiña contraída a Deputación cando ós actuais responsables provinciais chegaron ó goberno. Grazas a este acordo, o Concello de Chantada recibirá da Deptución 4.930.119 euros en investimentos ó longo dos anos 2008, 2009 e 2010. O Presidente dixo que “primeiro cumpliremos con Chantada e logo co resto de Concellos implicados. Esta situación é por tanto unha cuestión de garantía e credibilidade. O PP tivo moitos anos para resolver esta sentenza e non o fixo, por iso a estas alturas, queda claro quen quere cumprir e quen non. Os veciños saben que así vai ser porque estamos dando os pasos para levar a cabo o noso compromiso”. O convenio, cuio contido foi avanzado por Gómez Besteiro e o Alcalde chantadino, Manuel Taboada, durante a visita oficial que fixo o titular provincial ó Concello de Chantada, prevé que a Deputación, unha vez aprobado os seus presupostos, elabore un Plan de obras que serán da exclusiva competencia do organismo provincial. O Concello, pola súa parte, comprométese a retirar todas as reclamacións e recursos relacionados con este asunto. Unha vez aprobadas as bases do convenio polo pleno da Deputación, o Concello de Chantada fará o mesmo en sesión plenaria. Con este acordo ponse fin a un conflito histórico que data xa do ano 1992, cando o Concello chantadino presentou un recurso contencioso-administrativo sobre a distribución do canon de enerxía eléctrica dos exercicios 1981 a 1985. A sentenza foi favorable a entidade local e, tras numerosos obstáculos e a negativa do goberno do Partido Popular a cumprir o fallo, chegouse a este convenio mediante un acordo extraxudicial. A UNED en Lugo Tamén houbo unanimidade no punto relativo á creación dun centro asociado da UNED en Lugo, a única capital de provincia que carecía ata o de agora desta dotación educativa. O Pleno aprobou os estatutos do Consorcio da Universidade Nacional a Distancia e ratificou o convenio asinado o 19 de febreiro polos máximos responsables da Deputación, o Concello de Lugo e a UNED. O organismo provincial aportará 200.000 euros para a posta en marcha deste centro, unha vella reinvindicación dos estudantes que se vían obrigados a desprazarse a outras outras provincias. O centro da UNED comezará a funcionar no curso 2008-2008 e impartirá asignaturas diferentes ás postas no mercado polo campus da Universidade de Santiago. Administración máis áxil A Corporación provincial aprobou a reorganización administrativa da Deputación e do INLUDES así como dos Recursos Humanos de ámbolos dous organismos. O obxectivo destes cambios é acadar unha administración máis áxil e moderna e prestar novos servizos de atención ós Concellos. A entrada do novo goberno provincial marcou un cambio na organización da Deputación que pasa dun modelo centralizado, e sen delegación de atribucións, a outro estruturado en 8 Áreas dirixidas por Deputados. A experiencia de goberno destes seis meses de mandato permitiu valorar as necesidades concretas en áreas específicas e plantexar modificacións organizativas das mesmas. Esta reorganización supón, nalgúns casos, modificacións que afectan ós postos de traballo, xa sexa por supresión dos mesmos, por modificación das súas funcións ou por cambio de adscripción dos mesmos. O contido do Plan de Emprego foi negociado coa representación sindical, na Mesa Xeral de Negociación, e foi apoioado por unanimidade. Novo servizo de Atención ós Concellos Outro dos asuntos aprobados polo Pleno foi o convenio de colaboración entre a Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos e a Deputación en materia catastral, que permitirá unha nova liña de colaboración con aqueles Concellos que teñan cedida a recadación do IBI. A Deputación contratará unha empresa especializada para actualizar a información sobre este imposto. Incorporaranse ós padróns tributarios, aqueles bens inmobles que actualmente non tributan por non estar dados de alta nos rexistro do Catastro, ou que tributan sobre un valor inferior ó que corresponde. Cobraranse os últimos catro anos. Os Concellos deberán manifestar a súa adhesión a este convenio e a Deputación restará o custo dos anticipos mensuais pola recadación de impostos. Ademais, a Deputación comprométese a prestar o servizo de acceso electrónico á información catastral mediante o establecemento dun Punto de Información Catastral.