Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro, Anton Bao, presentou a exposición de Miquel Barceló o Xesto da Natureza

Nesta exposición, inaugurada no Museo Provincial, o artista de Mallorca aproxímanos un conxunto de exemplos da súa magnífica obra gráfica

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, participou hoxe na inauguración da exposición do artista Miquel Barceló (Mallorca - 1957). Esta exposición, que estará aberta ao público dende o 26 de febreiro ata o 30 de marzo, inclúe un percorrido que se divide en tres pequenos bloques específicos. A obra gráfica dos anos ´90, Serie In Mali e Serie Lanzarote. Miquel Barceló está ao día de hoxe entre os pintores novos con maior proxección internacional. Barceló sabe traballar co igual soltura e mestría a pintura, a escultura, a cerámica, o gravado, o debuxo, os muros e mesmo os decorados. O seu persoal universo ten como elementos recorrentes a visión do mundo como un vértice e a obsesión por plasmar e reivindicar a presenza do orgánico en todas as súas formas. O caracter experimental da súa obra ao incorporar materiais pouco ortodoxos á súa pintura, achégano ao laboratorio de gravado, no que se proba todo; e o seu interese polos procedementos e técnicas de pintura, escultura e estampa, así como polos procesos de acceso, elaboración e resultado das obras, levárono a valorar os fenómenos específicos achegados pola linguaxe da obra gráfica: a técnica litográfica, a punta seca, o carborundo, o entintado a colaxe ou augatinta foron explotados por Barceló ata o seu total dominio e comprensión. Ademais a súa paixón pola lectura e os libros transmiten a Barceló de forma natural, e refinada, discretamente culta e segreda satisfacción pola estampa.