Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destacou que proxectos como Lug02 convertirán a Lugo nunha provincia “cunha clara marca medioambiental”

O Presidente da Deputación participou na clausura do XXXVI Curso de Saúde Ambiental-Congreso Provincial de Medio Ambiente

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, particiou este venres na clausura do XXXVI Curso de Saúde Ambiental-Congreso Provincial de Medio Ambiente que se celebrou desde o 2 ó 6 de xuño no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia en no que participaron máis de 40 expertos. Na súa intervención, Gómez Besteiro destacou a aposta que fai o organismo provincial polo medio ambiente coa solicitude de proxectos europeos como Lug02 “que convertirán a Lugo nunha provincia cunha clara marca medioambiental”. No acto no que tamén estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, os Delegados Provinciais de Sanidade e Medio Ambiente, Miguel Ángel Rodríguez Lois e Eduardo Vidal Baamonde, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o representante de Caixa Galicia, Sinesio Pérez, o responsable provincial destacou o potencial medioambiental da provincia ó contar con máis do 55% Reserva da Biosfera ó tempo que subraiou que no Orzamento da Deputación se inclúen preto de 2,5 millóns de euros para a solicitude de proxectos europeos que porán en valor o patrimonio paisaxístico de Lugo. Acto seguido, os congresistas trasladáronse á Deputación donde desfrutaron dun viño ofrecido polo organismo provincial. O Congreso contou co patrocinio da Deputación e con máis dun centro de asistentes. INTERVENCIÓN PRESIDENTE: Alcalde, Delegados provinciais da Xunta de Galicia, Vicerreitor do Campus, autoridades, señoras e señores, boas tardes: En primeiro lugar, noraboa á organización por facer deste Curso unha actividade plenamente consolidada, resultado de moitas horas de traballo e adicación. Teño que confesarlles que cando falo con persoas doutras comunidades españolas ou estranxeiros e lles digo que máis do 55% da nosa provincia está declarada Reserva da Biosfera… quedan totalmente abraiados. Pero tamén teño que confesarlles que algunhas destas persoas me contestan: “menuda faena, así non podedes facer nada!!”. Eu penso: Podemos facer TODO. Aí está a clave Na Deputación de Lugo cremos no medio ambiente, pero CREMOS con maiúsculas. Ter a riqueza que temos non é un castigo, é unha oportunidade. O cambio climático que xa estamos notar, o efecto invernadoiro, o urbanismo non controlado… son factores que están modificando o medio ambiente, polo que o papel das administracións é clave se queremos conseguir un territorio sostible. Esta é unha cuestión que temos moi presente na institución que teño a honra de presidir. E dicía que CREMOS no medio ambiente e o facemos con cartos, non con palabras. Só este ano, no Orzamento da Deputación incluímos preto de 2,5 millóns de euros para 4 importantes programas de carácter medioambiental que, suman 8.260.502 euros. Como xa anunciamos noutras ocasións, solicitamos varios proxectos europeos, cuias partidas xa están contempladas nos Orzamentos de 2008, recentemente presentados. En total, este ano destinaremos preto de 700.000 euros para estes proxectos que, estou seguro, permitirán facer de Lugo un destino medioambiental cunha marca clara de provincia. Precisamente, este é o obxectivo do programa Lug02. Quédense con este nomoe: Lug02, un proxecto que vai poñer en valor o desenvolvemento dos municipios incluídos nos espazos naturais. É un proxecto de máis de 7 millóns de euros e no que pedimos financiamento europeo. Confío en que cheguen boas novas neste senso, son optimista. Pero na Deputación temos máis liñas de traballo cara o medio ambiente. Imos traballar con outras institucións tanto españolas como portuguesas para a reforestación dos nosos bosques e dos recursos hídricos a través de iniciativas como Arbórea, proxecto europeo solicitado polo INLUDES. Pero tamén colaboramos coa Xunta de Galicia para converter o Pazo de Tor nun referente a nivel medioambiental en todo o territorio nacional. Para rematar, reitero a miña noraboa á organización representada nesta mesa polo Director do Congreso, Francisco Peña, e agradecer que esta iniciativa se desenvolvese en Lugo, a xoia verde por excelencia de Galicia, cun gran patrimonio medioambiental que debemos preservar e poñer en valor. Moitas grazas!!!!!