Deputación de Lugo

Os canons do Sil, Estaca de Bares e Belesar destinos esta semana en Km0

Amas de casa de Lugo, rapaces do Centro de Menores Santo Anxo e traballadores do sector da seguridade privada participarán nesta iniciativa

A Mariña e a Ribeira Sacra son os destinos do programa Km0 na cuarta semana do mes de marzo. Veciños de Lugo e rapaces residentes no Centro de Menores “Santo Anxo” de Rábade participarán nesta inicitiva que promove a Deputación co obxectivo de dar a coñecer a provincia ós lucenses e promover a economía a nosa provincia. Este martes o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu no Pazo de San Marcos a un grupo de 36 membros da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Lugo que, a continuación, percorreron as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Despois trasladáronse ata o Concello de Sober, onde pola tarde embarcarán en catamarán desde Chancís. Visitarán a área de Muíños de Xábrega en Arxemil. Mañá serán 36 rapaces residentes no centro de menores “Santo Anxo” de Rábade os que partipen en Km0. Neste caso visitarán o Mazo de Santa Comba e a continuación viaxarán ó Vicedo, onde vistarán a ponte de Ferro. A ruta tamén inclúe o mirador de Estaca de Bares e o porto desta localidade mariñá. Por último, o xoves un grupo do sector da seguridade privada de Lugo coñecerá o pobo e o encoro de Belesar e farán unha ruta de senderismo ata a igrexa de Pesqueiras.