Deputación de Lugo

A Fundación Balogal presentou, na Deputación,
as Mañás Provinciais

O vicepresidente Primeiro da Deputación presentou esta actividade promovida pola Fundación Balogal e o Clube Estudiantes que ofertará actividades, deportivas, culturais e medioambientais nos meses de verán

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, participou esta mañá na presentación das actividades formativas da Fundación Balogal. Estas actividades, coñecidas como Mañás Provinciais, van dirixidas a nenos e nenas das distintas comarcas de Lugo. Durante a presentación o representante do Comité Organizador e Director Deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, fixo unha explicación das actividades que se van a desenvolver dentro desta programación pensada para os meses de verán. A continuación interviron José Manuel Ramiro Fernández, Vicepresidente Social do Consello de Administración do Club Leite Río Breogán, Jesús Fernández Vidal, responsable Territorial de Caixanova e Jesús Lázare, Directivo Club Estudiantes Lugo. Está actividade está pensada para nenos e nenas que, por primeira vez, poderán participar na dende os 3 anos de idade. As actividades desenvolveranse de 9:00 a 14:00 horas durante 11 semanas nos meses de xuño, xullo e agosto. Os participantes poderán asistir as semanas que o desexen e o prezo por semana está establecido entre os 45 e 50 euros. Segundo os organizadores os nenos e nenas participarán en distintas actividades que se transladarán a diversos entornos para combinar as actividades deportivas coas medioambientais e culturais, así ademais do pazo provincial os organizadores aproveitaran o entorno do rio Miño e outras posibilidades culturais como o museo de Lugo que este ano cumpre o seu 75 aniversario. O Vicepresidente Primeiro, Anton Bao, sinalou a importancia de que os clubes e equipos que neste momento son referentes deportivos nas diferentes especialidades se impliquen na promoción do deporte de base. Segundo Bao “a Área de Deportes da Deputación apoiará de xeito decidido aos clubes deportivos que militan na elite do deporte sempre e cando estes revirtan unha parte dos seus esforzos na súa acción social, entendendo a acción social no eido deportivo como unha laboura formativa que brinde aos nenos e nenas a posibilidade de practicar as distintas disciplinas deportivas da man de formadores acreditados”. Para Antón Bao esta iniciativa da Fundación Balogal e o Clube Estudiantes de Lugo son un referente no que á promoción do deporte de base respecta. UNHA ACTIVIDADE DEPORTIVA DE CARACTER SOLIDARIO Participou na presentación desta actividade deportiva da Fundación Balogal Miriam Garabito en calidade de Presidenta de la Delegación de UNICEF en Lugo. A presencia de Miriam Garabito ven motivada polo caracter solidario que a Fundación Balogal e o Clube Estudiantes tenta imprimir a estas xornadas, co fin de transmitir aos máis novos, valores como a solidariedade e o altruísmo ademais de promover un achegamento, dos participantes, ás organizacións non gobernamentais que traballan pola mellora das condicións de vida dos máis desfavorecidos. Dende UNICEF tratarán de explicarlles aos rapaces que é un luxo, do que non tódolos nenos e nenas poden disfrutar, ter unhas instalacións e un tempo de ocio como o que eles van a a disfrutar nestas Mañas Provinciais do Pazo.