Deputación de Lugo

A Deputación pechará ó tráfico un treito da estrada 2901 para a celebración dun acto de Km0 a Compostela

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial habilita rutas alternativas debidamente sinalizadas para os usuarios deste vial

A Deputación pechará o tráfico este martes un treito da LU-P-2901, a estrada de Lugo por O Burgo a Palas de Rei, para a celebración dun acto de Km0 a Compostela no que participará o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o equipo dos campións de España de Rally, o Nupel. Concretamente, o organismo provincial cortará dende as 11:00 horas, ás 13:00 horas, o treito que transcorre dende o punto quilométrico 0,5 no cruce de Santo Matías, ó 2,0 no de Fornelo a Abelairas, situados na parroquia de O Burgo. A Deputación habilita rutas alternativas debidamente sinalizadas para os usuarios deste vial. Os itinerarios son os seguintes: - Sentido Lugo-O Burgo: desde Carballido, no punto quilométrico 5,5 da LU-232, por Canedo ó Burgo. - Sentido O Burgo-Lugo: desde Carrigueiros, por San Pedro de Calde e Penelas, ó punto quilométrico 7,5 da N-540.