Deputación de Lugo

Toma posesión a nova interventora da
Deputación de Lugo

Rosa Abelleira ocupaba ata o de agora ese mesmo posto

A nova interventora da Deputación de Lugo, Rosa Abelleira, tomou posesión oficial do seu cargo este venres nun acto presidido polo titular da institución provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e que tivo lugar no despacho da Presidencia. No mesmo tamén participaron o secretario provincial, Faustino Martínez, e a Delegada de Economía, Regina Polín. Rosa Abelleira é una profesional de recoñecido prestixio que foi responsable do servizo de intervención do Concello de Lugo desde 1990 ata este momento. A súa incorporación á Deputación lucense coincide coa posta en marcha dos primeiros presupostos do actual equipo de goberno. Iste non é o único cambio no servizo de intervención provincial, xa que está previsto o seu traslado á pranta baixa do Pazo de San Marcos, dentro da reestructuración que se está realizando nas dependencias provinciais para mellorar a atención ós cidadás, facilitar o traballo ós funcionarios e habilitar locais para os tres grupos políticos con representación na Corporación.