Deputación de Lugo

A Deputación destaca a utilidade dos fondos europeos recibidos para o fomento do emprego na provincia

Gato anunciou o próximo inicio das obras dos accesos ó Parque Paradai logo da aprobación do Plan de Seguridade pola Xunta de Goberno

O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, amosou este venres a súa satisfacción pola concesión de preto de tres millóns de euros para a posta en marcha dun dos catro proxectos europeos presentado pola institución ó Ministerio de Administracións Públicas. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Antonio Gato dixo que “é unha cantidade moi importante que se destinar a atacar as causas do paro atendendo á formación, sobre todos dos colectivos con máis problemas para a inserción laboral”. O voceiro socialista lembrou que Lugo pacto provincial polo emprego, que promove o INLUDES, prevé actuacións formativas en auxiliar de axuda a domicilio, gobernante de hotel, camareiroo, electricista de edificios, mecánico de vehículos lixeiros e conductor de camións e autobús. Gato Soengas lembrou que ademais a institución provincial presentou outros tres proxectos, neste caso ós fondos FEDER, sobre medio ambiente, novas tecnoloxías e patrimonio e cultura. Por outra banda, o voceiro socialista anunciou que no vindeiro Pleno se aprobará unha declaración institucional polo falecemento do ex Presidente do Goberno Leopoldo Calvo Sotelo. Acordos Xunta de Goberno Antonio Gato anunciou que nos vindeiros días comezarán as obras dos accesos ó Parque de Paradai, en Lugo, logo de que a Xunta de Goberno aprobase este venres os Plans de Seguridad e Saúde deste proxecto e o do pavimento de accesos a núcleos na parroquia de Penamaior. A futura rúa Pedáneo Xoán Diego conta cun orzamento de 1.800.000 euros e un prazo de execución de 12 meses. Gato Soengas puxo esta colaboración como un exemplo “de colaboración entre a Deputación co Concello de Lugo, que permitirá poñer fin ó illamento de Paradai e As Gándaras”. Outro dos asuntos relacionados con infraestruturas foi a resolución do contrato para a execución das obras de anchamento e mellora dun treito da estrada Vilalba-Muras. O motivo é que o organismo provincial non puxo a disposición da contrutora os terreos no prazo previsto, “un retraso imputable á Deputación que vén doutras épocas”, apuntou Gato quen sinalou que a institución provincial deberá pagar unha indemnización de 2.520 euros. Anunicou que agora xa se dispón dos terreos e se iniciará o proceso para unha nova contratación. Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou o reformado do proxecto da piscina infantil, campo de xogos de deportes da zona de Teguín, no Concello de Samos. A modificación non supón ningunha variación sobre o presuposto final de 72.121 euros. Formación de empregados públicos Por outra banda, a Xunta ratificou o convenio de colaboración entre a Deputación e a Academia de Seguridade Pública para a formación de membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos Concellos da provincia de Lugo. O convenio inclúe seis cursos para 2008. Polo ós axentes locais, tres abordarán a reforma do Código Penal repecto ós delictos relacionados co tráfico e celebraranse en Foz, Vilalba e Monforte de Lemos. Os outros tres, que terán lugar en Lugo, serán sobre a actuación policial nos casos dos Xuizos Rápidos. En todos os casos o número de prazas é de 30. En canto ós bombeiros, haberá 10 prazas para un curso que se celebrará en Pontevedra sobre intervención en sinistros con mercadorías perigosas. Por outra banda, Antonio Gato anunciou que o DOG vén de publicar a convocatoria da praza de secretario-interventor adscrito á Área de Cooperación cos Concellos que terá como función o asesoramento legal e económico-financieiro ás entidades Locais. “Este é un paso máis, e moi importante para atender ás demandas dos Concellos, que cada vez son maiores en cuestións económico-financieiras”, sinalou Gato Soengas.